Rumores de esperanza


Hai anos lin unha historia que paso contarvos. Unha nena facía as tarefas escolares na casa. Foi xunto do seu irmán maior e díxolle:

– Estou facendo as tarefas. Teño que facer unha descrición de mamá para o cole. De que cor ten os ollos?

– Pois non sei, coido que son escuros, pero non sei.

Foi xunto do seu pai e repetiulle a pregunta. O seu pai con cara de asombro recoñeceu que tampouco estaba seguro. Marróns? Preguntábase.

Todos agardaron pola mamá que chegara do traballo. Ao abrir a porta atopou tres caras que a miraban con asombro e o fillo berrou:

– Castaños, son castaños! E a nena rematou dicindo, e teñen unhas pinguiñas amarelas.

Andamos pola vida sen reparar no que temos camiñando ao carón . Non somos quen de ver a beleza dos demais. Pero estamos cheos de beleza e fermosura. Comezando polos ollos. Hai algo máis fermoso e máis completo que os ollos? Hai algo que sirva tanto para expresar sentimentos. Por algo o Evanxeo está cheo de momentos nos cales Xesús mira ás persoas coas que se atopa.

Gocemos cos ollos propios e alleos. Gocemos coas miradas. Deamos grazas a Deus por eles e non esquezamos que o esencial é invisible aos ollos. Pero, sen dúbida, é invisible aos ollos que só ven e que non miran.   

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s