Xaquín Gómez Barros: Aprendín de ti que a Deus lle gusta rir


A última que nos miramos, como dicides por aí, foi na Nosa Señora d’A Barca. Agora mesmo, estades a celebrar a túa verdadeira Primeira Misa en Cuntis, a túa vila natal. Concíbote ante Deus Pai chegando coas ofrendas de tanta vida entregada. Desde os carteis que pintabas en Cuntis para o cine, onde traballabas cando eras mozo, ata as actividades cos milleiros de rapaces do rural que atoparon o sentido da súa vida e do seu amor no inmenso traballo naquel xeito de presenza da Igrexa nas nosas aldeas, a JARC-JACF.

E logo de párroco. Sempre cara ao Atlántico, porque ti sempre fuches de miradas e ansias infinitas seguindo o rumbo do Sol, Cristo, onde o materno Espírito sempre sopra rexo e con forza.

Eu aprendín de ti que a Deus lle gusta rir. Todos agardan con ganas a túa chegada. (Coma no teu cine de Cuntis, cando ti as despachabas: “Esgotadas as entradas”). Que os herniados leven faixa para agarraren as barrigas e non esquezan os panos, porque o que é chorar, non han cansar de chorar, pero coa risa. Tanto, que ata terás chispa para moquearte deles, mesmo nos propios narices. Sei que non defraudarás a movida.

Quero supor que antes de irte repasaches con tino o amplísimo repertorio. Procura deixarnos ben. E así, cando nós cheguemos, admirada diga a mesma Trindade: Ah! Estes son os amigos do Xaquín.

Que riqueza de vida!, “meu amigo tocaio”. Terte por amigo foi una sorte grande, grande. Xaquín Gómez Barros, meu tocaio, …coma nunca, sempre teu.

Xaquín Campo Freire

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Noso taboleiro coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s