O fachineiro de Mini e Mero – Mestres da memoria


Unha das características que nos fai diferentes ao homo sapiens é a nosa capacidade de contar historias. Hai quen basea nesa cualidade o noso éxito sobre outras especies, coma os neandertais. O feito de lembrar e contar o que se viviu en común fai clan e contribúe a manter unida a comunidade. Con todo, a memoria actual da nosa especie parece fráxil, mesmo de peixe. A moitos é moitas o que lles reina é dar a esquecemento e o clan nin lles vai nin lles vén.

Todo este introito críptico vén ao caso de que a Asociación de Escritores en Lingua Galega acaba de recoñecer a Mini e a Mero -canda Dolores Macías- como mestres da memoria. Ao universo irimego este labor seu non é que nos colla por sorpresa, máis aínda tendo en conta que nestas mesmas páxinas Mero, tomando prestado o verbo a Díaz Castro, exerce o oficio de desorballar soños e outonos. E tamén porque, polo seu aprecio pola cultura de tradición oral, recibiron o Pedrón de Ouro no ano 2009. De calquera xeito, é unha boa ocasión para lerlles dous libros: Somos lenda viva e Contos de vellos para nenos, ambos editados por Citania.

Enhora boa, mestres.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s