Francisco foxe do ritual para se converter en mobilizador de conciencias


Non deixa de sorprender o que o Papa está a facer. Afeitos aos discursos ocos e despegados da realidade dos seus predecesores, Francisco diríxise ao mundo cunha mensaxe de paz e de reconciliación. É un Papa de xestos e de palabras. Este Ano da Misericordia foxe do publicitario, do propagandístico e do ritual, para se converter, coa súa mensaxe, en mobilizador de conciencias.

Como xa fixera en África, nesta viaxe a México volve situar no centro da súa mensaxe as pobres, as explotadas, as marxinadas. Mobiliza  unha Igrexa que ten que responder á pregunta que Xesús nos segue a formular: e vós quen decidides que son?

Estamos chamados a denunciar e nos enfrontar á corrupción, síntoma dunha sociedade onde as persoas buscan o seu máximo beneficio persoal á custa de todo, mesmo do sufrimento do máis próximos. A corrupción non é un accidente, é a consecuencia natural deste capitalismo salvaxe en que vivimos. E para combatelo Francisco anímanos a ter unha coraxe profética.

Non só polo que di, senón desde onde se sitúa, o Papa marca o que ten que ser o ritmo da Igrexa. Estamos chamadas a compartir vida coas persoas excluídas da Terra. E aí Francisco lévanos coas persoas migrantes, reclamando que todas temos dereito a gozar da nosa terra, “onde non haxa necesidade de emigrar para soñar, onde non haxa necesidade de ser explotado para traballar”. E en Ciudad Juárez, como podería estar en Lesbos, enfróntanos á realidade dos Estados de dereito que estamos a soster, e que forzan ás migrantes indocumentadas a “un camiño cargado de terribles inxustizas: escravizados, secuestrados, extorsionados”. E denuncia a violencia, exemplificada nas bandas de sicarios existentes en México, mais tamén nos posicionamentos políticos excluíntes de Donald Trump, aos que cualifica directamente de non cristiáns. E no cárcere, clama por un sistema que combata as causas da violencia e que aposte pola reinserción das persoas presas.

Neste tempo de Coresma as comunidades cristiás buscan percorrer ese camiño que é o seguimento de Xesús. Animémonos co Papa Francisco e, tal como nos lembra, “non nos pode gañar unha das armas preferidas polo demo: a resignación”.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s