A CONVERSIÓN DA OLLADA


Andamos coa Coresma ás voltas. Un tempo de conversión, de cambio, de posibilitar o desenvolvemento dese “eu” un pouco mellor, máis reconciliado, máis pacificado, máis libre, máis avivecido, que poida achegar tamén máis reconciliación, paz, liberdade e vida á comunidade relixiosa e social da que forma parte. Eu ando algo nesas, como seguro que tamén moitos, moitas de vós.

E, postos a ver en que un pode cambiar e mellorar, veume ao corazón o desexo de verme a min mesmo e á demais xente cunha ollada nova. E entendín que para iso habíame ser de moito proveito aprender a ollarme como Deus mesmo me olla, aprender a ollar a xente como Deus mesmo a olla.

Iso de verse a un mesmo cunha ollada nova ten o seu aquel, polo menos para min, que máis veces das que me gustaría me descubro ollándome con ollos turbios, esixentes, intransixentes, pouco agarimosos, pouco perdoadores, pouco humildes, ou, quen o diría, á inversa, con ollos apagados, derrotados, desconfiados de que de Galilea poida saír algo bo. Gustaríame verme cunha ollada verdadeira, fondamente reconciliada comigo mesmo, coa xente, con Deus.

Hai pouco lin nun libro que tal como nos tratamos a nós mesmos, así tratamos tamén a quen nos rodea, sexan persoas, animais ou cousas; así tratamos tamén o mesmo Deus, aínda que aparentemente procuremos gardar as formas e simulemos o que non é e non temos. Penseino e doulle toda a razón a quen tal escribiu.

Vaiche boa! Co que urxe, co que me urxe aprender a ollar a xente con ollos empáticos, solidarios, serviciais, limpos, libres de comenencias, sempre, pero especialmente nestes tempos tan necesitados de alternativas fraternas! Xa non sei quen me poderá librar desta cadea, quen poderá romper este círculo vicioso no que estou tan enredado.

Ocórreseme que non me queda outra que achegarme a Deus, poñerme na súa presenza, calar diante del, deixar que a súa ollada me cale a todos os xeitos e direccións, e simplemente agardar. Só el, de ollada fonda e revolucionaria, é quen de virar a miña para facer de min algo novo, que falta me fai.

Feliz Coresma, compañeiras, compañeiros!

Manuel Regal Ledo

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s