Oceánico prexuízo que tanto nos marea


Pois si:  no documento de Podemos cítase moito a Cataluña e nadiña a Galicia, e non se inclúe ningunha das medidas básicas da Marea. Pero tamén é certo que se recoñece a plurinaconalidade do Estado, e a cooficialidade en igualdade de condicións do castelán, catalán, éuscaro e galego, . . . que non é un asunto menor.  

O problema vai estar no “concreto”, nas medidas sectoriais, no reparto do gasto.  Ah!!! Pecadiño orixinal, esa debilidade inicial, a non consideración do argumento decisivo e das advertencias: Galicia perde capacidade negociadora sen un grupo parlamentario de seu: escudo fronte á apisoadora, bote de supervivencia no océano que sempre nos marea.

Pero non desprecemos, como fai “La Voz” o tema da plurinacionalidade igualitaria. Na meseta hai histórica de tanto mirar ao Mediterráneo. E a identidade galega non é seria, é un sitio menor, para comer ben e barato, onde chove que nindiola, teñen morriña, percebes e gaitas, falan cerrado, non saben se soben ou baixan e son acolledoras e resignados. Riquiños prescindibles.

Non é paranoia. Ter acento catalán mola. Ter acento galego, é cousa para disimular.

O peor é que nós entramos no xogo. Quen mira de arriba abaixo ten un  imprescindible aliado no que mira de abaixo arriba. Levamos séculos tratando inutilmente de agachar a nosa diferenza, pois seica a diferenza, no noso caso, equivale a imperfección.

Por iso aspiramos a sermos “coma eles”. Como aquela do auténtica na impagable conversa na que confesaba que se algún mozo se lle achegaba para ligar en galego “le daba un bajón”. Inmellorable descrición. Hai xente nova galega multilingüe… pero non poden falar catro frases galego. É un non poder psicolóxico, nada que ver coa destreza. Hai xente en Galicia que presume, no comercio, na actividade profesional de “non entender o galego”. Como se pode presumir de ignorancia? Pois porque son galegos, no peor sentido da palabra, que diría a Díez, descanse en paz.

E a repanocha veu co pailanismo do inglés. Ninguén presume en Galicia de non saber inglés.  Aí os complexos feijooanos chegaron á éxtase. O resultado: mestres cun excelente galego a dar clases nun pobrísimo inglés de B2, daquela maneira, con acento de Cospeitoburg.  

Afogados no prexuízo. Ora en provincias, ora na capital.  

Daniel López Muñoz

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s