Sento diante do ordenador para darlle á tecla coa nova fresca da morte de Fernando Cardenal. Coma toda morte, unha mágoa.fernando-cardenal

Irimia fixérame hai case dez anos o agasallo de entrevistalo cando viñera a Santiago para dar unha conferencia no Colexio Maior dos xesuítas. Atopeime cun home que non gardaba rancor. Aínda que fora suspendido a divinis pola Igrexa por ser ministro de educación sandinista e teólogo da liberación, cría nun futuro mellor. Vía de xeito esperanzado o futuro de  Nicaragua e da Igrexa en xeral. Un home sinxelo que máis que unha entrevista estivo falando un bocadiño comigo.

Fernando Cardenal foi un home de Deus que soubo encarnar a esperanza dun mundo mellor. Nesa utopía que foi o sandinismo dos anos oitenta el embarcouse nun proxecto fascinante que foi a cruzada nacional de alfabetización. Milleiros de mestres foron polas aldeas de Nicaragua ensinando a ler e escribir ao campesiñado. Agora ben, a aprendizaxe era mutua xa que o mestre tamén aprendía principios básicos de agricultura.

Sen dúbida a vida e a loita de Fernando Cardenal foi unha grande noticia. Unha vida que pagou a pena ser vivida. Cando eu estivera en Nicaragua todo o mundo recoñecía o valor desa cruzada. Naceu no corazón dun namorado do evanxeo e da liberación. Mágoa que non todos o visen así.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to

  1. Qué lonxe queda todo e qué actual. Deus e a sorte queiran que América central e do sur poidan evolucionar sen inxerencias exteriores do veciño boreal. Nas últimas décadas estivo “entretido” en Oriente Medio, pero empeza a aburrirse pois non hai moito mais que desfacer. E pode virar a ollada cara outro “agresor” ( lembro certo chiste gráfico de Quesada no Faro no que se atopaba chamando á porta entreaberta unh homiño esfarrapado. Do inetrior preguntaba un xigantón, armado ata os dentes, “Quién llama?”; e contestaba o homiño, “soy el agresor”.)
    Porque nesas estamos, a todas as escalas. Fabricando ó próximo agresor.
    Francisco Nogueira

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s