Rumores de esperanza


Estamos no tempo de coresma e tamén no tempo do cocido. Somos un pobo de contradicións. Somos xente que lle poñemos unha candea a Deus e outra ao demo porque Deus é bo pero o demo…

Este sería un bo comezo para unha análise política, pero a min non me corresponde. A política está noutras seccións desta revista. Do que teño que falar eu é de boas novas, polo cal voume quedar cunha parte dos elementos da contradición. Quedo co cocido.

Podemos atopar mellor síntese gastronómica de todas as bondades da cociña? Podemos atopar un prato máis humilde e máis farturento? No tempo da cociña de autor o cocido reivindica a cociña da avoa (de todas). Trátase dun prato que non pode engordar e que ten que ser san. Verduriña cocida e carne cocida lembra a dieta de adelgazamento.

Agora ben, un bo cocido non pode comerse así sen máis. Ten que ter certos complementos que non son precisamente circunstanciais. Ten que ter un bo viño que o acompañe (mencía, talvez); bo pan para ter sempre algo na outra man; a sobremesa con filloas, orellas… O café con licor a gusto  pero preferiblemente caseiro (os da inspección de sanidade realmente non van  controlar unha enchenta familiar de cocido)

Temos o máis importante para o cocido? Non, precisamos algo que dá sentido ao mesmo. Sen unha boa compaña, o cocido non ten sentido. Podemos comer cocido sen familia ou amigos? Sería incomprensible. Aí está a esencia do cocido. Xantar compartido en común unión. Que teñades unha boa coresma.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

One Response to Rumores de esperanza

  1. “bien, vale, de acurdo, correcto, ahora bién no obstante”, (repetía sempre certo profe, que nos remedabamos) teriamos que engadir algo mais ás infindas festas do deus Bandua, digo Bandullo, pois o percorrido de estas faise xa longo abondo. Non hai que esquecer que apareceron como substitutas de outras ancestrais e moito mais coa raigaña na propia terra, como todas aquelas que tiñan como producto as mulas e outras cabaleirías que se exportaban a o interior da península, desaparecidas coa chegada da mecanización.
    Pero que non decaiga o apetito, que sempre é bo sinal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s