Mar a Fóra, de Bea a de Estrella


O peto común.

Un nacemento sempre é unha ledicia. Desta volta, a criatura ten forma de disco e chega da man de Bea a de Estrella. Ben é certo que a ninguén dos que a coñecen (a xente da Pascua Xoven de Arousa, de Urca ou da Festa do Lume, por dicir algúns lugares onde Bea creou a súa identidade musical) lle chamou a atención este ansiado pasiño adiante. O disco chega con 11 historias íntimas e persoais inspiradas na praia de Mar a Fóra, en Fisterra, de aí o nome do traballo.  E nesa praia, onde o mar bate cunha enerxía diferente, Bea atopou ancoradas 11 historias de ida e volta coas que configurou este prometedor traballo. Son historias de xente que pasou pola súa vida desde diversos puntos de vista como así pasa co tema de Negra Sombra onde recorda as vítimas do Angrois, desde a visión dunha rapaza que saíu do accidente, facendo paralelismo co “Negra Sombra” de Rosalía.

O disco, que viu a luz o pasado 17 de Nadal, ten temas en galego e en castelán, ademais dun carácter solidario; adquirilo supón unha achega económica para a Asociación Galega de Acondroplasia. Bea conta que é un disco diferente, que debería escoitar todo o mundo. O 18 de marzo, no Salón García de Vilagarcía de Arousa,  presenta o disco acompañada de toda a banda. Neste nacemento colabora a cantautora Emilia Arija, coa que actuará proximamente en Palencia, pero tamén participaron outros amigos e cantantes de Bea, como Rafa Sánchez Agustino, Adrián Rivas, Inés Suárez e Montse Candal. Soamente queda desexarlle toda a sorte do mundo a Bea nesta nova e atrevida, como anhelada e necesaria, andaina. Que o ar de Mar de Fóra enchoupe de gozo musical moita xente.

Josecho de la Torre

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s