A estabilidade indesexable


Carlos Vázquez G.

A estabilidade política que a dereita, e nomeadamente Rajoy, ofrecen  é pura demagoxia, no seu sentido estrito de utilización enganosa e torta das aspiracións lexítimas das persoas, para alguén conservar o poder. É demagoxia, antes de nada, porque as políticas que practican e defenden tenden, de seu e inexorablemente, á inestabilidade. As medidas políticas, sociais e económicas impulsadas, defendidas e practicadas pola dereita política, non só en España, conducíronnos, de feito, a sermos o país máis desigual da OCDE, só por riba de Chipre. Pois ben, coa desigualdade instalada e medrando non é posible a estabilidade social e política e nin sequera é razoablemente desexable.  Se estable é aquelo que se mantén sen perigo de cambiar ou de caer, como pode ser posible e mesmo desexable a estabilidade para quen padece fame, frío, pobreza, incertidume ou unha calidade de vida precaria, tan preto da miseria como lonxe da dignidade? O sensato sería que quen padece unha circunstancia semellante, ou quen rexeita que tal situación se produza, queira e traballe por cambiar a situación e facela caer ou desaparecer. É dicir, traballe lexitimamente por desestabilizar e facer caer unha realidade política e social inxusta, desigual, cruel e despiadada.  Porque lles interesa moito mantela, queren  estabilidade os fartos, os ricos, os satisfeitos, os privilexiados, os protexidos e sicarios do poder e os detentadores mesmo dos poderes económicos e políticos que, ademais, non empatizan nin se solidarizan realmente coas vítimas da desigualdade e da precariedade. A estabilidade política e social só será posible realmente cando exista un grao mínimo vital de igualdade no uso e gocee dos bens, que a propia humanidade xera e produce co seu coñecemento e traballo. Entón, a estabilidade sería posible e razoablemente desexable.

A estabilidade política, económica e social é, neste momento, en España e no mundo una grande utopía como o é a xustiza social, a convivencia pacífica entre pobos e crenzas ou erradicación da fame e da violencia de xénero. Pero a estabilidade, coas políticas e as prácticas neoliberais  vixentes e hexemónicas en España e no mundo, é simplemente unha quimera. Abonda botar una ollada global para comprobalo a golpe de sangue e morte. Polas utopías compre loitar porque comprobado está que se poden alcanzar, como xa algunha se alcanzou, pero as quimeras  son sempre imposibles e moi susceptibles de seren carne de demagoxia.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Política coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to A estabilidade indesexable

  1. Aproveito para mandarvos o que puden recoller sobre Baldo, o frade que coñecín cando traballaba en Valeixe (A Caniza). A maiores, cóntame ese amigo que o coñeceu bastante mais que eu, que certo mestre xubilado, chamado Jaime, que debe vivir pola zona de Valeixe e foi seminarista, “coida” moito del. Para o meu informante Baldo foi sempre unha persoa auténtica, infravalorado tanto dende arriba como dende abaixo, pola clerecía, pois a súa vida de compromiso resultaba incómoda para os ben pensantes. O seu padriño, Telmo Pérez, fusilado no 36, cree este amigo informante que ata ten unha rúa en Vigo.
    A ver se vos dou mandado a parte un resumen do recopilado, pois aquí non sei como introducilo.
    Sobre D. Marcial tratará este amigo de preguntarlle a D. Xesús Mato, que exerceu en Lalín.
    Unha aperta.

  2. F. JAVIER FERNANDEZ NOGUEIRA di:

    Ahi­ vos mando o que puden recopilar a través de amigos comúns que coñeceron a Baldo moito mais que eu. >Dinme que, ó mellor, Baldo na actualidade non está para moita entrevista, pero eso non deberí­a ser obstáculo para que sexa valorado e recoñecido. Se atopo mais información, enviareivola. GostarÃía saber se recibides correctamente o que vos mando adxunto. Francisco Nogueira

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s