Desigualdades


O fachineiro da obscenidade

A noticia desta fin de mes -que ningún xornal publicou a cinco columnas e tampouco non serviu para abrir ningún telexornal- foi a da crecente desigualdade deste sistema que ofrece cifras tan obscenas coma que 62 persoas posúan tanto coma os 3600 millóns dos máis pobres. Ou que o investimento español en paraísos fiscais subise no último ano un 2000% (investimos máis nas Illas Caimán ca en Reino Unido, Francia e Alemaña xuntos).

É o que tal nos di o informe de Oxfam Intermon, que sae na mesma semana na que o ministro de Guindos afirma, impúdico, que o que fixo este goberno ha estudarse nos libros de historia. Sospeito que si, pero por outras razóns. Por exemplo as que aduce o nobel de economía, Stiglitz, no foro de Davos, cando di que é de risa presumir de baixar o paro do 25 ao 22%  ou exhibir unha taxa de desemprego da xuventude do 50%.

Tamén hai quen di que xa saímos da crise, pero que a onde querían chegar os que nos sacaron era ata aquí: o precariado e a desesperanza. Como isto do capitalismo, non hai quen o ature nin quen o entenda, para a próxima imos recomendar un libro e varias películas que axuden un pouco. Pero para non chegar tarde, por se gaña o Óscar, empezaremos pola máis recente, A grande aposta, que acaba de estrearse.

A.Q.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s