O peto común

Rubén Aramburu

Portas Ártabras é un entrañable santuario da cultura galega, no corazón da Cidade Vella da Coruña. Da man de Felipe Senén e dos Amigos dos Museos de Galicia, acolle conferencias, tertulias, concertos, exposicións e ten un fermoso retablo composto de sinaturas e debuxos de creadores do país. Este ano, preside o retablo maior, unha case estampa moi fermosa de Manuel María, obra de Xurxo Lobato.

O pasado 13 de xaneiro as Portas Ártabras abríronse unha vez máis para facer memoria viva de Manuel Espiña. En pouco tempo celebraremos o sexto cabodano de D. Manuel, e a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, tan activa e sensible á realidade do noso pobo quixo facer sentido homenaxe a Espiña, dedicándolle o número 5 dos seus Cadernos de Estudos Xerais. Hai que lle agradecer á A. Suárez Picallo, o interese por persoeiros que nin a mesma Igrexa lembra: hai uns meses dedicaron outro caderno a Moncho Valcarce o combativo crego das Encrobas. Paco Pita e Vanesa Santiago foron quen de crear unha fermosa edición do Caderno, onde colaboran Manolo Rivas, Torres Queiruga, Xabi Blanco, Victorino Pérez Prieto, Luz Pozo…e como non a Comunidade Cristiá do Home Novo, esa filla ben viva de Manuel Espiña.

Na presentación estiveron presentes algúns dos autores, como Felipe Senén e Tori, e contamos co deleite musical de Bea a de Estrella, outra querida e comprometida amiga que ven de presentar o disco Mar de Fóra, con temas íntimos e cheos de forza e calidade musical da autora. Por certo, o disco é solidario e se o mercades habedes colaborar coa a asociación AGAeFA que agrupa aa persoas afectadas pola acondroplasia.

A pesares da tromba de auga e da noite pecha, Portas Ártabras quedou pequeno para acoller a tanta xente amiga de Espiña. Parabéns polo traballo e contamos coa presenza e a voz de Bea na Festa do Lume.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

One Response to

  1. Que razón tedes en eso do esquecemento da Igrexa oficial sobre os seus propios cregos con algún valor exemplar!. Ocórreseme que Don Jesús Mato, que exerceu en Lalín de “coadjutor” nos tempos escuros e deixou unha inesquecible memoria, poidera saber (ou ter acceso) sobre o que foi párroco de Grasande (Lalín) – D. Marcial – nos tempos de plomo.
    Unha aperta e “disimulade” a miña teimosía.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s