CARTA

Co gallo da publicación do artigo sobre o padre Xaime Seixas e a súa difusión no blog irimego, púxose en contacto connosco o autor destaCarta [183893] carta para tentar recavar información sobre as persoas das que máis abaixo se pode ler. Se alguén quere colaborar con algunha pista, pode escribir á mesa de redacción ou contestar directamente a Francisco Nogueira nos comentarios do blog, xa que foi o camiño que el mesmo empregou para lanzar a súa petición. Velaquí un texto recreado a partir de varios dos seus comentarios na web ao longo dos días.

 Benqueridos/as irimegos/as:

 Decidinme a escribirvos porque, dado o carácter da vosa asociación, teño a esperanza de que algún dos lectores da vosa revista poida axudarme na miña procura:

 Para comezar, teño moito interese en saber que foi dun crego chamado Waldo (ou así) que coñecín na primeira década dos anos setenta en Valeixe (A Cañiza), onde estaba como exiliado. Teño entendido que viña de Angola ou Mozambique e vivía no lugar de Barreiros (Valeixe). Dende logo era unha persoa progresista e comprometida. Algunha vez dixéronme que estaba de párroco pola zona de Redondela, non sei se en Cedeira, pero non sei mais. Coido que era persoa de valía.

 Por outra banda, tamén me gustaría que alguén intentase investigar sobre un cura chamado don Marcial, párroco na Parroquia de Gresande (Lalín) nos anos da Guerra Civil e nos da posguerra. Seguramente non foi un erudito que destacase intelectualmente, pero mostrou, a dicir dos veciños (e non só dos que ían á misa senón dos que estiveron presos varios anos no Lazareto de San Simón), unha conduta valente e modélica, algo raro naqueles anos. Era natural de Camba (Rodeiro), da parroquia de San Xoán de Camba ou da do Salto (nunha delas está enterrado), seica dunha aldea chamada Ferreiro, Ferreiroa ou algo así. Non lembro os apelidos, pero coido que non sería tan difícil localizalo, pois debeu estudar no seminario de Lugo antes da guerra, onde sería ordenado, polo que debe quedar constancia nos arquivos. Polo de agora só conto cunha feble pista que me achegou un amigo exsacerdote: que Sabino, cura da Portela (en Rodeiro, cerca de San Xoán de Camba e do Salto), podería saber algo.

 Se escribides en internet Sociedade de Agricultores de Gresande, ademais dunha fotografía, podedes ler algo sobre o apoio de varios curas ás revindicacións agrarias. Non sei dende cando D. Marcial exercía nesa parroquia pero a tal Sociedade durou ata o Movemento e constituía o centro dinamizador do contorno. A memoria popular conta del varias anécdotas, como aquela de certo día na que, un grupo algo achispado, introduciu unha baloira por unha xaneliña da igrexa e guindou un santo do retablo, que se esnaquizou completamente. Pois aínda con eso D. Marcial non se alporizou.

 Cando vaia polo Deza tratarei de averiguar máis. Fágovos esta petición porque sempre me doeu que ninguén se lembre das boas persoas que pasaron facendo o ben polos demais. O mundo chamado rural é un grande descoñecido e esquencido. E, ademais, garda moi ben os segredos.

Apertas,

F. X. Nogueira

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Carta. Ligazón permanente.

4 Responses to

  1. Waldo García Romero é párroco de Cedeira e Trasmañó en Redondela, onde leva case treinta anos. Da súa andaina en Angola (e tamén no Congo co MPLA aínda poderá contar). Tamén da intervención de Lefevre durante o Vaticano II, ao que acompañou…

  2. Corrixo. Waldo deixou as parroquias en setembro de 2012. Tentarei atopar algunha información máis.

  3. Javier Diéguez Dieguez di:

    O crego o que parece referirse en segundo lugar é D Marcial Diéguez da casa do Xacinto de Fornas en San Salvador de Camba, probablemente. Foi máis tarde crego desta mesma parroquia.
    Unha historia de crego agrarista comprometido na defensa dos labregos contra o caciquismo e a arbitrariedade haina tamén en santa Ctistina de Areas-Antas de Ulla e foi protagonizado polo chamado “cura Luna”, oriundo de Castroverde.

  4. El padre Waldo Garcia Romero , vivio en forma de comuna en Chans (Valeixe) donde ejercio a modo de parróco, y ha fallecido el 29/11/2016, yo fui uno de sus acompañantes desde los Espiritanos a al experimiento comunal de Valixe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s