Hoxe, polo prezo dun, traio dous rumores de esperanza. Xa que estamos no tempo das rebaixas, vou facer unha oferta irresistible. Coido que non debedes perdelas.

Primeiro rumor: o traballo de Intermón-Oxfam. Como sabedes, é unha boa ONG que traballa forte pola xustiza. Lévao facendo moitos anos. Vén de publicar un novo informe sobre as desigualdades no mundo. Os datos están facilmente localizables na internet, polo cal non volos vou comentar nin repetir. O que si quero comentar é que son moi útiles para reflexionar. Todo o que nos faga pensar e ser conscientes do mundo no que vivimos está ben. Mágoa que estes datos non sirvan para facer un debate pausado na nosa sociedade. En xeral, os medios pasan directamente deles, ou simplemente descualifícanos. Ti que podes e pensas, por que non dás unha volta pola páxina da súa web e activas o teu cerebro racional e a túa alma sensible ao mundo?

Segundo rumor: temos un novo galego que é un xenio. Trátase de Nico Casal. Quen vén sendo este rapaz? Pois o mozo que lle puxo banda sonora á curtametraxe inglesa Stutterer, que está nomeada aos Oscar 2016. O mellor non é só que estea nomeada. O mellor é que este rapaz ten só trinta anos, polo cal se lle presenta un futuro moi prometedor no mundo da música. De seguro que axiña poderemos gozar con máis premios del. Ten corda para moito tempo.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s