La cigüeña que habla gallego



O fachineiro da lingua

A.Q.

Hai uns días a Mesa pola Normalización Lingüística publicou un informe no que sinala que Gas Natural e a Xunta son as entidades que máis queixas reciben por discriminaren o galego. “O me habla castellano o no continuamos la conversación”.

Non cumprían informes, que ben sabemos o que tal fan a meirande parte das empresas e goberantes pola lingua. Non hai moito queixábase amargamente un irimego que quería cambiar de compañía de telefonía ao non poder facelo en galego. Como o acordo é entre empresas, o cliente non ten nada que dicir, e iso que unha delas é R. E este mes pasado unha empresa que vende coches tivo a brillante idea de invitarnos, na publicidade, a ver cousas extraordinarias: o tigre de dúas cabezas, o home de dous metros de ancho e… la cigüeña que habla gallego (ollo, malicia este fachineiro que aquí o toque extravagante non é que a cegoña fale, senón que o faga en galego). E a estrela de nadal enriba da árbore é a felicitación do Xefe Territorial de Educación da Coruña, Indalecio Cabana, que o fai en castelán e desde La Coruña facéndose acompañar por uns versos de Manuel María. E así estamos: os partidos que atentan contra o idioma fan a súa seitura de votos; os que se interesan por el, quedan coas sobras.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro, Uncategorized. Ligazón permanente.

One Response to La cigüeña que habla gallego

  1. O da “cigueña que habla gallego” xa me ten chamado a atención.
    Eu podía contarvos a histor(ieta) de certo notario vigués ó que foi unha parella facer testamento en galego. Logo de darllo todo feito, pois ninguén se desenvolvía alí en tan alleo idioma, a representación terminou co tal notario, testamento en man, recitando en castelán diante dos interfectos o que nas follas estaba escrito en galego. Un esperpento digno da pluma de Valle Inclán.
    Eso que o tal notario conta cos dous apelidos notoriamente galegos-galegos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s