heroes descoñecidos


Acabo de informarme da vida de dúas persoas que realmente paga a pena coñecer. Trátase de Edmund Dene Morel e de Roger Casement. Viviron a cabalo de finais do século XIX e comezos do XX. Casement de orixe irlandesa e Morel inglés foron enviados a África para facer negocios a conta da colonización como moitos homes do seu tempo. Pero eles non pecharon os ollos á realidade que vivían os africanos do seu tempo e déronse conta das inxustizas que vivían os nativos (especialmente do Congo)

Precisamente nesta época o caucho revalorizaríase moito debido á necesidade del para as rodas (nun primeiro momento das bicicletas, logo dos coches). O rei Leopoldo II de Bélxica que tiña o Congo como a súa leira particular facíase inmensamente rico a conta do transporte de caucho. Eles testemuñan como nun ano se enviaron 72000 cartuchos de armas dende a metrópole só para a produción de caucho ou como este territorio perdeu en vinte anos o 40% da poboación. Tamén testemuñaron auténticas barbaridades respecto a mutilacións de nenos e nenas, violacións ou existencia de campos de concentración (invento belga e non alemán). Os dous dedicaron boa parte da súa vida a denunciar as barbaridades da colonización na súa época. Casement acabou os seus días condenado a morte por traizón aínda que a prensa da época non dubidou en sinalar a súa condición de homosexual.

Por que vos falo deles hoxe? Se cadra porque son pouco coñecidos e que conviría coñecelos. Por desgraza hai moitos episodios do noso pasado que ignoramos e moitos heroes descoñecidos. A colonización nos libros de texto pasa desapercibida e moito menos todo o que a rodeou. Conviría retomar certas figuras e crear mentes críticas porque talvez as cousas non cambiaron tanto en África se en vez de falar de caucho falamos de coltán e se no canto de colonias falamos de multinacionais.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza, Uncategorized. Ligazón permanente.

One Response to heroes descoñecidos

  1. O artigo faime lembrar un autor prácticamente descoñecido nos libros de Literatura Española que eu estudei. Trátase de Ciro Bayo, que ten un relato autobiográfico sobre as súas viaxes por varios países suramericanos (Arxentina, Perú, Paraguai e Bolivia, polo menos), nos que describe a recolección do caucho na provincia amazónica biliviana. Nunhas condicións penosas, seguramente semellantes ás do Congo, o Congobelga dos mapas escolares da miña infancia.
    Un autor, Ciro Bayo, que merecería mellor trato, pois conta con obras de mérito. “El lazarillo español”, por exemplo, é infinitamente mellor – na miña opinión- que o da viaxe pola Alcarria de Don Camilo Cela,libro no que este seguramente se inspirou, chupando estela de xeito semellante a como algúnha formación política actual, con representación parlamentaria, se meteu polo camiño traballado por outra iden borrada do semiciclo do San Xerome matritense.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s