O cantar do irimego


O cantar do Irimego foi escrito por Pepe Chao, durante moitos anos, para a derradeira páxina de Irimia. Neste último número, Luís Aldegunde, o seu xenro, dálle a despedida.

Nunca máis se ha de oír(e)

o cantar do irimego:

só volveu pra despedir(e)

ao noso Pepe o Chairego.

Este noso irmán maior(e)

foi bondade sementando;

calquera que o coñecese

tal verdade vai contando.

Pepe renaceu galego,

e loitou pola xustiza.

Boas obras nos deixou(e)

pra comprendermos Galiza.

A teoloxía perde

figura ben sobranceira:

a súa pluma viviu(e)

do misterio na fronteira.

Moitos proxectos saíron

de tan grande pensador(e);

Do Bienio Irmandiño

boa memoria quedou(e).

As horas da súa existencia

ben fecundas discorreron:

con Sari por compañeira

moita ledicia nos deron.

Uniu de forma senlleira

a fe e a galeguidade,

e dos seus beizos deitaba

a lingua como irmandade.

Sempre lonxe do poder(e),

este mestre e guieiro

ergueu a súa integridade

sen espazo pró diñeiro.

Un penúltimo milagre

ofreceuno o outro día:

Unha romaxe en novembro

e da rumboia a melodía.

Tanta xente agradecida

non está equivocada:

Pepe Chao fixo país(e)

dunha forma apaixonada.

Esta é a despedida,

esta é a derradeira.

Quen queira oír a Pepe

que vaia á Serra de Meira.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s