Entre nós. Sempre.


Mini (A Quenlla)

Para tira 2Pura determinación, outros a iso chamaríanlle fe. Iso era, foi, é Pepe Chao Rego. Aparentemente miúdo, con febleza física, con certa dubitación no falar. Na realidade inamovible, botado para diante que se diría no noso común.

Foi para todos nós necesario, humanizou a Igrexa galega, baixouna á terra máis alá da necesidade que esta tiña, fixo realidade o imposible: desde o amor encher de contido unha crenza que saía do franquismo fría e sen atractivo, ausente deste País, orfa de nós. El deulle peso, sentido, adaptouna a nós, enraizouna en nós.

Gañou o respecto, non só para el senón para a súa crenza, de todos, cristiáns e ateos. Non deixaba a ninguén indiferente. El modelou a Romaxe partindo da arxila da nada, facendo realidade o que todos consideraban imposible. Rompeu o molde.

Alá vai, o amigo, o entrañable e sufrido amigo. Buscador inquebrantable, amigo. Nesa reunión anual obrigada desde aquel día, hai xa anos, do Pedregal de Irimia, seguirá estando entre nós. Sempre estivo, aínda ausente. Todos o buscabamos coa ollada entre os milleiros de asistentes sabendo que non podía vir. Pero a súa presenza era manifesta. E alí estará. Entre nós. Sempre.

Descanse na Paz. Ninguén o mereceu nunca tanto.

Mini, xa case no Nadal de 2015

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Utopía coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s