Chao, Pepe Chao…


Versión 2Lidia e Valentina

Cantas veces nos ten custado enfrontarnos á folla en branco… Arrincar, como seguir, como contar… Moitas… Agora ben, coma hoxe…, poucas… Inicialmente, o silencio é o que máis nos presta. Así e todo, haise que repoñer e… o recordo fainos botar unha risadas… Canto traballiño debeu estar a pasar san Pedro estes días de atrás (alá el, buscouno pola man…),

canta leria de eruditos! Pois si, chegoulle ao ceo un autobús de culturetas, tres “Pepes” (Alvilares, Neira Vilas e Pepe Chao…). Vaia, non se habían aburrir os que foron canda eles, ho… Esa viaxe transgrediu o dito de “A morrer e a aprender…” “Unha tríade gloriosa”, dixo deles Manolo Regal.

Gustaríanos que nos saíse algo ben xeitoso a pensar en Pepe. Nós, de atrevidas, sucedémolo nesta páxina da lingua alá por outubro do 1999, cando a revista se cotizaba en vintecinco pesos… O que tal leva chovido… Non só a el, senón tamén a Ferro Ruibal… Pois si que fomos botadas para diante… Estamos a cumprir a nosa maioría de idade, así que irán sendo horas de asentar, de que nos veña o sentidiño… O caso é que a lingua non tiña naquel momento unha sección na revista e ofrecéronnola (ai, Pedro, Pedro…, na que nos metiches!!!). Foi un honor ser, na medida das nosas posibilidades, as súas herdeiras.

Hoxe relemos aquela Irimia (o número 50!) no que aparecía o primeiro artigo de “A fala é camiño”: “O padre Romualdo non é pai” e aprendemos do mestre Pepe… Contábanos Pepe daquela como en latín se dicía patre(m) e matre(m) e que así era como se dicía en galego ao principio. Pouco a pouco foise impoñendo a forma de falar dos nenos, que tatexaban o nome dos seus pais (pa-pá, ma-má) e en galego deu pai e nai (mai nalgunhas zonas de Galicia). Pepe, pai dos irimegos…

As palabras na súa boca arremuiñábanse… Os nosos recordos del tamén se arremuíñan na nosa cabeza… Gustaríanos termos sido quen de escribir un “Cantar do Irimego”, pero… vennos á cabeza aquela frase que Pepe dicía tantas veces “Haz versos y no odas…” Así e todo…, houbo un máis atrevido… (parabéns!) e vai permitir a antiga maquetación desta páxina…!!! Xa Pepe llo terá en conta…

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Falando da lingua. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s