PEPE CHAIREGO


f1cf539e-def2-4d77-8322-c46e961e204cRubén Aramburu

Esta noite en Armenteira, na oración das completas, unha irmá deu grazas pola palabra recibida ao longo do día. Agora, na soidade da cela, escoito a chuvia e o seu manso repenicar sobre as lousas do claustro do mosteiro, e remoio niso do agradecemento ás palabras.

Sempre admirei a capacidade que tiña Pepe de xogar coas palabras, de rir con elas, de soñar, de fundamentar… Saïamos por aí de viaxe e repasaba toda a toponimia: “Estrada venche de estrar… Sobrado de superado que é distinto de faiado, parte alta da casa feita con madeira de faia…”

Recordaba un cantar sobre algún lugar ou personaxe, ou inventábao. Contounos que cando os guías ensinaban Vilalba aos turistas, ao chegaren onda a alameda dicían: “Señores aquí el busto de Fraga!”. E desde a casa de enfronte, onde vivira Fraga de neno, bramaba unha voz do alén: “ Señores, el busto es mío!!!

Un día fun con el ao instituto onde daba clases e quedei parvo de como lle querían os rapaces, os profes… Con quen mais se parou foi cunha empregada da limpeza que andaba en problemas ben serios. Coñecía a todos os traballadores non docentes e sabía das súas vidas. Pepe Chao era todo el un instituto, unha escola de humanidade.

Onda o río Madalena, que atravesa a Chaira por Vilalba, hai un hectómetro das letras…, das palabras, e alí ten cátedra merecida o noso Pepe. Haberá que ir aló peregrinos obrigados e dicir onda o murmurio do río: “Chao! Pepe Chao, e moitas GRAZAS por seres ti palabra”.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s