IRIMEGO d LOUBOR


Brais Fernández

Morreu o sabio patriarca

o erudito o profesor

o amigo o teólogo o home

o mestre sementador

O da palabra certeira

o do consello cos ollos

o da presenza alba e branca

sabedoría do moucho

Cantador do pedregal

insigne guía da matria

voceiro das que precisan

luz dunha nova esperanza

Facho faro lumieira

lapa labarada estrela

lume vello lume novo

candeas en compostela

Reencarnado prisciliano

xelmírez do pensamento

frei crítico universal

druída dos nosos tempos

Ialba de gloria nova

no pedregal nemedao

renace o rego renace

galego renace o Chao

Compostela, 29 de Santos do 2015

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s