Grazas a Pepe Chao…


Para tira 6Cloti (1º secretaria da Asociación Irimia, na súa casa reuniuse a primeira mesa de redacción da Revista) e Mari Alonso

Sendo eu pequena, aló polos anos sesenta, empecei a escola en Vilalba. Daquela non estaba de moda ser da aldea e falar galego: profesores e compañeiros máis ben facían que me avergoñase de ser filla de labradores e da nosa fala.

Pouco a pouco pasei a falar castelán na escola, cos meus irmáns e con todo o mundo do meu contorno, salvo cando ía á casa. Recordo que a mamá me dicía que alí non falase o castelán, que cos veciños debía falar coma eles, en galego.

Moitos anos despois, un día estaba Pepe na nosa casa e, polo visto, chamoulle a atención que a miña irmá e mais eu entre nós falásemos castelán e cambiásemos ao galego para falar con el e cos nosos pais, como tiñamos por costume, e díxonos…:”Como é que falando un galego tan bonito e tan ben non o falades tamén entre vós?

Aquilo fíxonos pensar e empezamos a falar sempre en galego. Ao primeiro custounos traballo, facíasenos raro…

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s