Pepe Chao Rego, por Siro

Imaxinades unha Galicia sen Irimia? E sen Romaxe? E sen festa do lume? Sería moi, moi difícil. Se cadra, Galicia existiría sen todas estas cousas, pero non vos sería o mesmo. Unha Galicia sen todas as cousas que naceron da mente creadora de Pepe e doutros sería máis pobre.

Porque todos temos máis ou menos lembranzas de Pepe, todos lemos cousas del e todos estaremos agradecidos ao seu labor porque a xente que é creativa é moi necesaria en toda a sociedade.

Imaxinades unha Galicia sen Balbino? Sen Lelo? Sería igual de difícil de imaxinar. Somos moitos os galegos e galegas que comezamos a ler en galego con “Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre” , e, grazas a Neira Vilas, abrimos a porta a unha lingua e a un mundo descoñecido para un rapaz de vila-cidade que escoitaba o galego en lugares moi afastados a onde el vivía e coidaba que iso ao que chamaban galego era algo exclusivo desa xente que se autodefinía “un ninguén”.

Porque os crentes sabemos que a morte non é o final pero cando o que morre é un creador sabemos que quedamos coa súa obra inmortal. Por iso é precioso cantar a Rumboia nun funeral porque ese funeral soa a festa por unha vida vizosa e creativa. Tanto Xosé Neira Vilas como Pepe Chao son dous galegos aos que Galicia lles debe moito.

Remato estes rumores cun diálogo que lembro nunha romaxe.

– Marchas, Pepe?

– Si

– Vale, chao, Pepe

– (Con ton retranqueiro) Non, Pepe Chao.

– Vaia, ho. Sempre me pillas…

Pois logo, chao, Pepe Chao. Ata logo.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s