O padre Xaime Seixas Subirá. Pregoeiro da irmandade (1915-2015). Editorial Sept


A editorial Sept publica este libro de homenaxe e memoria ao xesuíta galeguista e “vangardista” Xaime Seixas. Trátase dunha fotobiografía elaborada por Silvestre G. Xurxo e Manuel Cabada.

Seixas, nado hai 100 anos en Compostela, foi pioneiro na introdución do galego na liturxia e en moitas outras cousas. Vinculado a maior parte da súa vida a Vigo, foi considerado un “crego de esquerda” nos tempos máis difíciles; foi misioneiro e nunca ficou indiferente ao acontecer do seu momento: animou grupos da chamada vangarda obreira católica, comprometeuse socialmente e foi colaborador e inspirador de grupos que resistían ao franquismo e preparaban o cambio desde abaixo. Faleceu en 1994. Agora, unha rúa do barrio obreiro de Coia leva o seu nome. E o seu espírito navega connosco.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Noso taboleiro. Ligazón permanente.

One Response to O padre Xaime Seixas Subirá. Pregoeiro da irmandade (1915-2015). Editorial Sept

  1. Gostaría saber que foi de certo crego chamado Waldo (ou así) que coñecín na primeira década dos anos setenta do s. XX en Valeixe (A Caniza), onde estaba como exilado. Teño entendido que viña de Angola ou Mozambique e vivía no lugar de Barreiros (Valeixe). Dende logo era unha persoa progresista e comprometida, sobre a que circulaban pola parroquia versións extrañas, inda que coincidían co exposto. Preguntei algunha vez en Vigo e dixéranme que estaba de párroco pola zona de Redondela, non sei se en Cedeira, pero non sei mais.
    Coido que era persoa de valía.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s