Xan Guillén

Moita xente pequena, en moitos sitios pequenos, facendo pequenas cousas poden cambiar
o mundo. Esta frase tan repetida xa case é un tópico motivador do voluntariado e da acción social.

Nas últimas semanas estou atopando iniciativas que me fan lembrar esta frase. Na Irimia
que teño enriba da mesa falan dunha cooperativa enerxética. Gran idea de autoxestión fronte ao
modelo imposto dende arriba totalmente absurdo e prexudicial para o consumidor que ve na factura.

Tamén escoitei falar unha vez máis de “Fiare” a banca ética que fai unha proposta interesante afastada do que se espera dun banco. Que se fai co beneficios dos meus cartos no banco? Nin o sei nin o saberei. Fiare é algo transparente e participativo que busca unha nova concepción do que é a xestión dun banco.

Tamén escoitei falar de fairphone. Como sabes os móbiles teñen un elemento chamado tantalio. É unha materia prima fundamental para todo o desenvolvemento das novas tecnoloxías. O tantalio está a ser causa de mortes e guerras en África. Por iso nace fairphone, unha marca de teléfono que garante que está fabricado con garantías éticas.

Toliños de todo. Loitadores contra as enerxéticas, contra a banca, contra a telefonía. Xente boa, xente pequena. Oxalá cada vez sexa en moitos sitios pequenos…

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s