XOSÉ TRAPERO PARDO


Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero)

Galiza, pais no que xuíces sobran!

Trapero ou Trapaceiro chamáballe quen percorría distancias de confianza con don Xosé, home conciliador e curioso, xornalista avezado e escritor de enormes memorias, músico, seminarista e protagonista daquela fundamental Escola Mindoniense, fotógrafo empedernido, poeta, debuxante, dinamizador de encontros e publicacións, de faladoiros como o de Mondoñedo na barbaría do Pallarego –canto alí aprenderon toda aquela xeración, entre eles tamén Cunqueiro. Ou, despois, tamén en La Voz da Verdad, xa en Lugo. Observador de fina sensibilidade matizada naquelas pequenas cousas que a moitos nos pasan desapercibidas.

Era dos do Reloxeiro, de Ribeiras do Lea, familia coñecida desde os territorios da veciñanza. Mesmo emparentou, pois casaron, unha súa sobriña, Lourdes, co meu irmán Santi, feito que afirmou a relación e daba pé a intres moi gratificados, aínda lembrados, e máis comúns cando quedou viúvo de Delia. Lembro moitos sucesos del, perdoade que vos conte, pois era moi alegre e viña a nós facer carantoñas, enredos e entusiasmos. Viviu e foi cronista oficial da cidade e fun á súa casa varias veces ler as súas recollas cheas de maxia. Co seu saber espertei á Cultura Tradicional. Facía un programa de radio ao mediodía que escoitabamos con devoción. Ritos e costumes, códigos de entendemento da enorme literatura popular da que procedemos. Remataba sempre con aquel “…bo proveito, amiguiños!” que chamaba nas conciencias para, secretamente, afirmarnos na lingua e cultura propias, seducíndonos! Escribíaas tamén no xornal, sometido a multiformes autoreprobacións que o privaban –ao xornal- de ser referente esclarecedor dos seus soños, cos seus admirados Cunqueiro, Fole, Pimentel, Fdez. de la Vega, Crecente Vega, Iglesia Alvariño, Díaz Xácome, Díaz Castro, Noriega, Leiras Pulpeiro, Fraguas, Fernández del Riego, Gamallo, Santeiro, Lence Santar… Tantos, que luces deron!.

Trapero era unha biblioteca andante, sabía miles de memorias e anotacións, oracións, adiviñas, refráns, ditos, recitativos, cantigas, romances… E sabía darlles traza, era un gran creador, ademais de varios libros fixo a Zarzuela “Non chores Sabeliña” con música de Gustavo Freire, ou O Pelúdez en forma de relatos cheos de feitizo, engaiolando sentimentos desde a orella e os ollos, para estremecer o corazón. Meus pais, escoitando ou lendo as cousas del –pois eran dun tempo e orixe- asegundaban a certeza do que contaba na radio ou escribía no xornal. Falaba de personaxes célebres que fixeran lenda das súas vidas. Cen anos de vida en sucesos, anécdotas que crean un xardín multicolor de charamuscas. Lembro cando explicou aquilo “do ollo mao”, (cuncha ovalada que había –e non hai, por culpa dos recheos con area de fóra- nas praias da Mariña de Lugo e que ten debuxada una espiral no centro) aseverando que espantaba males de ollo e meiguerías maléficas de todo tipo. D. Xosé, nos veráns, paseaba a Praia de Barreiros, apañando aqueles supostos fósiles, ensaios para combater o mal desde o sinxelo e a entregada fe en nós mesmos. Todos fixemos “colgantes” que nos protexeron de demos. Mágoa non o facer de corruptos, incompetentes, fanáticos e desarraigados que tantos viñeron!

Hoxe don Xosé vénme á memoria con gratitude, polas claves que me deu da aldea, tan ignorada como esquecida e deixada. Sobre todo aquela clave de vivir afectos presentidos do noso pasado, antes aínda de seren relatados, comprendidos antes de poder seren xulgados. Algo necesario para poder ir xuntos e saber de onde vimos, quen somos, onde estamos e cara a onde imos! Lonxe de tanto xuízo, …ir xuntos.

 

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Lembranza de orballos. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s