A guerra fácil


Despois de recibir unha zoupada semellante, tan brutal, tan ignominiosa, a reacción primaria e emocional parece predicible: devolver o golpe. Esa reacción automática resulta normal, mesmo xustificable, desde a psicoloxía do individuo atacado, cando a vítima é unha persoa.

Pero a un estadista, a un político socialista ao mando dunha potencia nuclear como Francia, pídeselle algo maior e diferente que poñer en modo full speed o porta avións Charles De Gaulle e dar orde inmediata de recruar os bombardeos sobre Raqqa, a suposta capital diso que deron en chamar Estado Islámico e que resulta que nin islámico, nin estado é.

Comezando polos últimos, como corresponde á sabedoría cristiá, bombardear máis cidades, bombardear Raqqa, unha cidade de máis de 200.000 habitantes, terá un efecto seguro e varios incertos. Entre os incertos está o de ferir de casualidade a algún líder de Daesh (que é como lle chaman os estados árabes e como non lles gusta seren chamados a eles). Entre os seguros pode ser que alguén pense na mellora das expectativas electorais de Monsieur Le Président. Pero non, o que é seguro, seguro, é o sufrimento e morte da poboación civil, xa sometida de seu a un calvario polos fanáticos de negro, así como a destrución das súas casas e precarias pertenzas, incrementando o éxodo migratorio. E ese éxodo migratorio, non era de feito o gran desafío para Europa, a súa misión imposible? E agora?

E acabando polos grandes beneficiados da impulsividade francesa: son os propios terroristas, que pasan da categoría de panda de sádicos descerebrados a ter, de feito, a categoría de Estado, agora si, capaz de entrar en guerra. E non só iso, conseguen, ademais, que a opinión pública, debidamente encirrada por lepenistas e outros neonazis, logren instaurar a sospeita sistemática en Europa sobre os refuxiados que escapan precisamente deles, da súa crueldade.

A guerra fácil non é a resposta. Nunca funciona. A cousa pasa antes por cortar o financiamento, as súas redes sociais en internet, a subministración de armas, a compra en negro do seu petróleo, e preparar un servizo de intelixencia intelixente. Todo menos esmagar con bombas a 4000 metros de altura a cidades inzadas de inocentes.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

One Response to A guerra fácil

  1. Ata Rajuá semella conterse e dubidar, que xa manda truco. Pero veremos cando pasen as eleccións de decembro e non consigan todo o que queren, entón volverá fungar o onagro!.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s