SAN ROMERO DE AMÉRICA: “NON É COMUNISMO, É O EVANXEO”


Coñecín a Juan Ramón no módulo de tránsitos do cárcere de Valdemoro, un dos lugares máis desoladores do arquipélago penitenciario español. A boa compañía aliviounos a tarde, falando da Galiza e do País Vasco, mais tamén do Salvador. O Juan Ramón, internacionalista convencido, estivera alí nos anos 80, combatendo no FMLN. A súa chegada ao ‘Pulgarcito de Centro América’, como lle chamara Roque Dalton, tivera que ver con acontecementos como a matanza nos funerais de Monseñor Romero.

Óscar Arnulfo Romero (1915-1980) fora nomeado en 1977 arcebispo do Salvador sen que o poder se opuxese: vían nel un relixioso do statu quo. Porén, o contacto directo coas clases populares e a morte do seu amigo Rutilio Grande fixeron de Monseñor Romero un arcebispo máis preocupado polo pecado social ca polos interrogatorios de confesionario. Na altura, o 60% das terras agrarias estaban en mans do 2% da poboación, e esta oligarquía terratenente defendíase con escuadróns da morte armados polos EUA. Perante o terror, Monseñor Romero posicionouse coas desposuídas, a xustiza social e a paz; un discurso que chegaba até o 73% da poboación rural –e a outros países como Nicaragua ou Guatemala-, grazas ao seu intelixente uso da radio.

Cando xa o poder o puxera no punto de mira, Monseñor Romero declara: “Si, fun frecuentemente ameazado de morte, pero debo dicirlles que, como Cristián, non creo na morte sen resurrección. Se me matan, resucitarei no pobo salvadoreño”. E así foi. O 24 de marzo de 1980 foi asasinado no altar, tras unha vibrante homilía na cal chamaba a policías e militares a desobedeceren aos seus superiores, para “obedecer a lei de Deus que di “non matar” os seus irmáns labregos”. Marino Samayoa Acosta, sicario da ultradereita, apertara o gatillo en nome de militares e oligarcas. Olga Álvarez recordaba na Irimia nº 919 como Monseñor Romero permanece ben vivo en Latinoamérica. Vai para medio ano que, após superar o veto histórico do sector de Ratzinger, o papa Francisco converteu a Óscar Arnulfo en “San Romero de América”. Que a beatificación non fosilice o seu exemplo, nin que a Igrexa expropie o seu recordo do corazón do pobo rebelde; para que poida resucitar nunha sociedade xusta.

Carlos C. Varela

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: