Polo San Martiño….


Martiño Rivas

Polas vésperas do San Martiño andamos a escribir este artigo, mais –aínda que volo pareza- non imos achegar aquí a restra de refráns que ten asociado o santo e o mes. Deixámosvos para que vós sós poñades a proba o voso coñecemento do refraneiro, mentres nós vos lanzamos cara á reflexión da importancia de chamarse Martiño.

Oímos onte dicir que Martín é un nome que agora está moito na moda para poñerlles aos cativos, mais os Martiños que coñecemos cóntanse cos dedos das mans. Non imos entrar na sonoridade dos nomes, porque iso é particular e subxectivo e a uns gústanlles os que teñen moitas vogais, a outros os que non teñen a consoante R e ás demais aqueles que teñen dúas sílabas. Con todas estas características hai nomes galegos, con fonemas galegos, orixe galega e tradición galega. Escoller un deles significa algo. Houbo un tempo que Uxía e Anxo eran nomes que se poñían moito, mesmo por parte de pais e nais que non conseguían pronunciar o fonema fricativo palatal representado por ese X tan noso, pero que consideraba que así cubría o seu cupo de galeguidade. Non temos nada que dicirlles. Tampouco imos cuestionar a quen escolleu chamarlles aos fillos Jonathan, Jeniffer, Jéssica ou Kévin, con todas as súas variantes ortográficas, ou a quen segue poñendo nomes como Jesús, Javier ou Julia, que teñen un fonema que non existe no galego. Cadaquén escolle segundo motivacións varias e gustos particulares. 

Nós queremos que se reflexione sobre o que supón que a poboación galega conserve nomes que a identifique coa súa terra, cun territorio que ten unha lingua propia, cuns sons característicos que tamén empregou para denominar lugares que teñen máis de 2000 anos. De igual xeito a onomástica é unha mostra das nosas orixes. Ademais dos nomes, tamén sufriron unha forte castelanización os apelidos. Tamén queremos que reflexionedes sobre a importancia que pode ter que sigan existindo formas coma Ameijeiras, Carbajal ou Cereijo que, ao lado doutros moitos, nin sequera existen en castelán e mostran as barbaridades que se fixeron coa nosa lingua, deturpando formas galegas para que non parecesen tales.

As nosas avoas e avós mantiñan a lembranza de Xoanas e Xacobes aínda que tivesen que escribir os nomes con J nos documentos. Mantivérona a pesar dunha prohibición expresa. Na actualidade hai prohibicións máis “sibilinas”, ou que é o que nos pasa?

Advertisements

One thought on “Polo San Martiño….

Add yours

  1. Martiño, non terás un abó de Bahamonde?..
    San Martiño, pequeniño / lévame polo bo camiño / alá fun, alá cheguei / tres Marias atopei … etc
    ¡¡Polo San Martiño, trompos o camiño!!, pois comezaba o período dos trompos na miña infancia aldeana.
    Pero non lle digades as “forzas vivas da Caniza” que a súa terra se denominou no alto Medievo como “San Martiño de Ladróns”, co zume que lle poderían quitar ó asunto!!!.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: