Presidente


O fachineiro do teatro

A.Q.

Comeza unha nova tempada de teatro e hai dúas pezas teatrais ás este fachineiro tivo oportunidade de asistir en preestrea e que ben merece a pena ir ver. A primiera é A cegueira, unha adaptación do Ensaio sobre a cegueira de Saramago. O autor portugués dicía nas súas páxinas que estamos cegos, non queremos ver e nas duras páxinas da súa novela, vemos como mesmo nas situacións máis difíciles sempre hai alguén sen escrúpulos que tira proveito. Malia ser pouco inclinado ao optimismo, o narrador viña dicir que unicamente a solidariedade pode axudarnos a saír. A adaptación de Sarabela Teatro é unha boa desculpa para ler ou reler a Saramago. A outra obra é Presidente, da compañía Teatro do Morcego. É unha comedia para non parar de rir en hora e media e que ninguén debería perder agora que estamos en campaña electoral. A situación parte de que un presidente candidato á reelección decide visitar familias nas súas propias casas para remontar nas enquisas. Espectacular todo o elenco -especialmente Celso Parada, Iolanda Muíños e Goldi. É unha obra estupenda pero arriscada: dos trescentos e pico concellos galegos non sei se a contratarán en máis de vinte: hai algún partido ao que non lle vai facer tanta graza.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

One Response to Presidente

  1. Que haxa vinte Concellos en Galicia que permitan ou subvencionen unha obra de estas características xa me parece un exceso. Igoal que haxa público asistente.
    Bueno, a ver se nos enteramos do día e hora da función!.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s