Teresa Souto

Hai uns días celebrabamos o día de defuntos e o de todos os santos. Na miña parroquia, nesa zona, hai o costume de cear bacallau con coliflor e castañas cocidas e deixar a mesa sen recoller, coa comida que sobra enriba, por se os defuntos da familia pasan de visita. Pero eses días, pola rúa paseando, sentín a estraña sensación de vivir noutra cultura, que non era a que eu coñecía vinculada a esas datas:

a xente ía disfrazada, pequechos e maiores, de pantasmas, vampiros e caveiras, os escaparates estaban cheos de arañeiras, morcegos e calacús, nas pastelerías, en lugar dos ósos de santo, había galletas decoradas de cousas que dán medo, e é que resulta que estabamos no Halloween! Iso que sae nas películas e series norteamericanas. E cada cultura celebra o día de defuntos ao seu modo. Por exemplo, en México, celebran o día dos mortos, pero sinceramente sorprendeume que unha festa tan afastada se establecese tan de cheo nos nosos costumes; ademais, cando estamos rodeados e convivimos con outras culturas polas cales non mostramos ningún interese; e moitas veces chegamos a escoitar a idea de que as persoas inmigrantes deben acollerse aos nosas costumes e abandonar os seus propios; e cales son os que esas persoas desexan que sigan…? Eses novos importados polo televisor? Gustaríame que mostrásemos respecto polos costumes e a cultura das persoas que temos a carón, sentadas ao noso lado, que nos parásemos a coñecelas e escoitalas e, sobre todo, a respectalas e non xulgalas.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

One Response to

  1. O costume de deixar as sobras da comida para os defuntos escoiteina tamén na zona da Caniza polos anos setenta do s. XX. Como a de deixar igualmente sen terminar de queimar na lareira un toro de leña, que voltaba acenderse cando arrolaba o trono e outras ocasión sinaladas que non lembro.
    Igual que o dito de “o primeiro de abril van os parvos a onde non deben ir”, ou sexa que en eso dos santos inocentes xa eramos “europeos” (?) fai un montón de anos… ata que nos civilizaron os que agora abren a boca dous palmos diante de calquera costume programada dende o imperio.
    Enfín.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s