Nos medios de comunicación en xeral, e na televisión en particular, hai moito que é moi prescindible. Ver a televisión é, sobre todo, ver intranscendentes noticias de fútbol, historias absurdas de persoas absurdas, informativos tan manipulados que causan risa de non ser porque alguén os cre, debates totalmente partidistas e pouco máis. Porén, hai cousas que se salvan e activan o cerebro. Un deses programas é Salvados, de Jordi Évole, que nos fai reflexionar sobre cousas que xeralmente non queren que se saiban: o poder das eléctricas ou a manipulación dos medios son os últimos temas dos que falaron.

Por outra banda, houbo un cura da curia vaticana que filtrou unhas informacións confidenciais para publicalas (e supoño que gañar uns cartiños á conta da información). O papa, xusto na seguinte aparición pública, xa lamentou o ocorrido, confesou que sabía de que trataban eses papeis e dixo que continuaría coa investigación do que contiñan.

Dá gusto atopar transparencia e limpeza en certos poderes. O normal no papa sería non dicir nada e deixar pasar o tempo. O normal na televisión é facer o de sempre e non meterse cos poderes establecidos. O normal é tratarnos coma ananos mentais, pero hai xente que non o fai. Benvida sexa.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

One Response to

  1. “el cinematógrafo, que embrutece sistemáticamente a las masas con espectáculos de feroces batallas, romances idiotas y vidas fáciles, artificiosas y sin problemas. Sustituye el pensar por el ve…” , etc. O que decides sobre a tele traeme a mente (cito de memoria) estas frases de Papini, escritas penso que, cando mais tarde, os anos cincoenta do s.XX, creo que no Libro Negro, que leín fai un montón de anos, pero que me quedaron gravadas.
    Igoal que aquel relato dun millonario americano que mercaba unha illa na que funcionaba unha democracia formal, pero na que el era o que verdadeiramente decidía todo… e ninguén se enteraba de nada (importante).
    Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s