Eleccións reconstituíntes


Carlos Vázquez G.

A crise económica mundial ou Gran Recesión, que xa se albisca en 2007 e estala en 2008, en España reviste especiais características, máis nocivas polo noso modelo produtivo precario, pola instalación da corrupción no noso tecido político e empresarial e pola rixidez e desgaste do noso sistema político e institucional. Por iso e pola mera aplicación da chamada austeridade como remedio único, a recuperación económica é máis aparente ca real, revélase só nalgúns datos macroeconómicos e non chega nin ao tecido produtivo nin ás persoas e capas sociais máis prexudicadas, é dicir, á maioría da poboación. É coma esa anemia florida do meniño, que parece san e gordiño pero en realidade está mal nutrido, débil e exposto a todas as enfermidades e infeccións. Por iso, para saír efectivamente da crise, en España non bastan medidas e plans só económicos. Teñen idéntica importancia real a transformación do noso modelo produtivo, as medidas de rexeneración ética e as reformas políticas de fondo que afectan á Constitución mesma, ás nosas leis máis fundamentais e a moitas institucións. Isto é tan así que, ou se afronta todo ao mesmo tempo, ou o fracaso será rotundo, con nefastas consecuencias que se prolongarán moito no tempo, coa cronificación da pobreza e da precariedade e cunha moi profunda inestabilidade política e social. Paréceme este o cristal co que hai que mirar as propostas e programas que se nos ofrezan para os comicios que están ás portas.

Para ben ser, a próxima lexislatura tería que ser curta, o xustiño para debater, acordar e aprobar as propostas de reforma da Constitución, disolver as Cámaras e convocar o referendo necesario e as novas eleccións, que si deberían traer a necesaria estabilidade política para xestionar a nova etapa democrática, que a realidade social e a cidadanía, parece, están demandando. Calquera pretexto, incluídos os económicos, para atrasar este proceso político será perder un tempo precioso para acadar unha auténtica estabilidade e retrasará a efectiva saída da crise económica, política, social e institucional, que é o que temos. Porque a estabilidade que se está a predicar desde o partido do Goberno non é tal, é só parálise, atasco. Augas mortas que todo apodrecen.

Tecnicamente non serán estas unhas eleccións constituíntes, pero se non son “reconstituíntes” de pouco van servir. Só farán máis longo, fatigoso e duro o único camiño rexenerador posible da nosa vida persoal e colectiva.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Política. Ligazón permanente.

One Response to Eleccións reconstituíntes

  1. Concordo bastante, o problema creo que é que non se vai enfiar polos camiños propostos, pois ben se olla a avaricia, incompetencia e intransixencia suicidas por case todas as partes (con poder real). Semellaba que España cambiara algo nos primeiros anos da chamada transición, pero solo semellaba pois, finalmente, volvemos ó mesmo de sempre. Non hai mais que ler as memorias de Cajal ou as (novela-autobiografía) de Barea ou mesmo Max Aub. Ou aínda remontarse ás memorias do mesmo GodoY e xentes ilustradas da súa época.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s