Trigo limpo


A.Q.

O fachineiro do xoio

Cada vez que oía falar do trigo e o xoio, a este fachineiro sempre lle soaba a herba allea. Aínda que non gocen de boa prensa, postos a sachar, prefiro facelo contra a muruxa, a millaca, o cristo, a aceda ou o samarco, que decotío aparecen entre as patacas ou o millo. Cando se amenta o xoio parece que hai que enrugar a fronte e poñer cara de ferreiro.

Cañizares (enténdaseme ben: non o bo, o virtuoso guitarrista; nin sequera o exporteiro de fútbol, senón o cativo, o cardeal e arcebispo de Valencia) debeu sentar doutrina (referímonos a doutrina no sentido “doutrina Botín”) cando se preguntaba se todos os refuxiados sirios que chegan a Europa son trigo limpo. Esta doutrina é máis ou menos a que empregou hai uns días o fascista Viktor Orbán, primeiro ministro húngaro en Madrid, na reunión do Partido Popular Europeo reunido para chufar as bondades do goberno de Rajoy. Contábase entre os enfervorecidos aplaudidores o tamén fascista Berlusconi, este máis da corrente bunga-bunga. Ata os ósos do conde de Romanones están revolvéndose no cadeleito para volver dicir aquilo de “Joder, que tropa”.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

2 Responses to Trigo limpo

  1. Gostaría recibir novos artigos por correo electrónico. E tamén sobre a próxima convocatoria da Romaxe. Aínda me atrevo a propoñervos algún lugar de interés, por se poidera valer.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s