Zona noroeste


Daniel López Muñoz

A pesar do esforzo final feito público por un grupo de arredor de noventa persoas relevantes na cultura e na comunicación galegas, todo indica, cando isto escribo, que non haberá candidatura única nas eleccións xerais. A ver logo. Así, entre outros, Xabier P. Docampo, Marica Campo, Manuel Rivas, Suso de Toro, Alba Nogueira, Rosa Aneiros, Fernández Paz, María Reimóndez, Víctor Freixanes, … lembraban:
… agora que as estruturas do Estado están en crise e van ser revisadas, Galicia debe falar con voz propia, debe existir en por si e non submetida a ordes alleas.
A ruptura do proceso aberto de creación dunha candidatura unitaria que consiga para o noso país un grupo parlamentar propio no Parlamento español, levantada sobre os nosos problemas e necesidades e cun ambicioso programa social, é unha derrota que non queremos aceptar. …Nós esiximos un último esforzo urxente. …Ninguén ten dereito a derramar a nosa esperanza…

Apuntaban ao centro da cuestión. Galicia pode existir na próxima lexislatura …ou non. Pode ter espazos e tempos para facerse oír, como comunidade humana singular e diferenciada…ou menos. Pode ser ser logo Galicia “actora” como tal nun tempo crítico, ou ser o noroeste de algo moi guai pero distinto a ela mesma.
Podémonos enmeigar con boas palabras e mellores intencións,con crebas democráticas, frontes amplas, unidades pola base, nova política… Certamente é crucial construír desde abaixo. Crear ou fecundar as organizacións, máis ben estériles e algo escleróticas, coa vitalidade –e o control- da base social,coa súa frescura espontánea e benditamente anárquica.
Pero ao cabo está o artigo 23 do regulamento do Congreso dos Deputados. E aí dise quen pode e quen non constituír grupo parlamentario de seu.
No tempo de relacións líquidas e efémeras comunidades virtuais, no tempo no que vivir e posar semellan a mesma cousa, poderiamos confundir a realidade real coa outra, coa mediática e virtual. Pero facer país é facer institucións galegas sólidas, en todo o territorio, na vida, no traballo e no pan de cada día. Non dinosauros, pero si institucións robustas e vivas. Proxectos perdurables.Traballo constante, compromiso organizado e persistente no tempo.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s