“Sons miúdos”


O pasado domingo 18 de outubro estiven nun concerto multitudinario no Auditorio de Galicia en Santiago. De feito, nun principio estaba programado para só para o sábado pero axiña se esgotaran as entradas anticipadas e tiveron que repetilo o domingo, volvendo encher. Tratábase do concerto “Sons miúdos” dirixido, en principio, para os pequechos e pequechas da casa.

Alí fomos toda a familia. No espectáculo, a actriz Pepa Piñón e o actor Pablo Patiño van fiando as actuacións musicais que se suceden de xeito vertixinoso. Non andaba eu moi posto en cancións infantís, e moito menos en galego, pero o primeiro que me sorprendeu foi o ritmo das cancións. Non eran cancións “ñoñas” pensadas por adultos para nenos. Eran cancións cheas de orixinalidade con notas musicais de altísimo nivel.

Polo escenario pasaron Mamá Cabra, A nena e o grilo, María Fumaça (Uxía Senlle), Pablo Díaz, Paco Nogueiras ou Xoán Curiel. Uns artistas coma uns piñeiros que fixeron bailar e cantar a todos os pícaros que estaban alí. E non só aos pícaros e pícaras. Tamén todos os papás e mamás que foramos de acompañantes formamos parte da festa.

Estou abraiado polo nivel do concerto e polo nivel da música infantil galega. Estade atentos e atentas porque sei que van ir de xira por toda Galicia e dende logo pode ser a xira musical do ano. Abofé.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s