Apoia o papa e as súas reformas


Pro Papa Francisco

Distintas organizacións, entre elas a revista Encrucillada, acaban de poñer en marcha unha campaña mundial de recollida de apoios ao Papa Francisco a través da web www.propapafrancisco.com. Tal e como explican os promotores da idea, a páxina nace como un intento de aglutinar persoas, asociacións, medios de comunicación, colectivos e institucións do ámbito hispano (fundamentalmente), con dous obxectivos claros: apoiar o Papa Francisco e visibilizar o dito apoio nunha plataforma dixital propositiva e plural. Trátase, insisten, dunha iniciativa para sumar, que non vai contra ninguén; só se pretende apoiar o papa e as súas reformas na busca dunha Igrexa máis evanxélica.

A mecánica da adhesión é moi sinxela. Consiste en entrar na web www.propapafrancisco.com e encher un pequeno formulario (nome, apelidos, país, cidade e enderezo electrónico), co que se fai público e explícito o apoio ao papa. Para aqueles máis enganchados ás redes, tamén se pode apoiar e facer seguimento da iniciativa a través das canles de Twitter, Facebook ou Flickr.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Noso taboleiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s