Premio para a CGENDL


Máis que merecido. O Premio da Cultura Galega na modalidade de lingua para os nosos amigos e amigas da CGENDL é máis que merecido. Levan anos traballando a prol da nosa lingua nos centros de ensino. Coordinando e facendo cousas xeitosas e xenerosas.

A todos e a todas nos gustan os premios. Todos e todas queremos que nos digan o bos que somos e o ben que o facemos, pero hai veces que, depende de quen nolo diga, o agradecemento gusta máis ou menos. Neste caso, non ten sentido recibir o premio do mesmo goberno que impulsou un decreto que limitou a presenza da lingua no noso ensino. De feito a CGENDL naceu precisamente como reacción ante o interese do, daquela, novo goberno polo plurilingüismo harmónico (igual de harmónico ca a harmonía dos camposantos). Lembro a asemblea fundacional da coordinadora de igual maneira que lembro participar nalgún encontro deles moi produtivo, e todo o lembro con cariño.

Ben sei que a CGENDL recibiu paus de todos os lados ao longo dos anos da súa historia. Non foi fácil o camiño ata hoxe. Pero do que non se pode falar en ningún caso é de que deixaron de camiñar ou de que preferiron os parabéns duns respecto dos de outros. Agora dan mostra de coherencia. Non coller un premio envelenado é boa mostra do seu traballo. Por iso non podo menos que dicir hoxe: mil primaveras máis para a CGENDL.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s