ABP


Josecho de la Torre

Semella que algo está sucedendo nas escolas por mor das ABP. Son as siglas de Aprendizaxe baseada en proxectos: un cambio metodolóxico que está a estenderse por diferentes centros educativos e que está a resultar unha verdadeira revolución. Este termo, ao que en 1918 o educador William H. Kilpatrick fixo referencia no The Proyect Method, recobra hoxe un papel fundamental. O mundo no que viven as xeracións actuais pouco ten que ver coas pasadas e as pedagoxías que no seu día deron bos resultados, pouco a pouco foron quedando obsoletas, ata tal punto que viviamos (ou aínda vivimos) nun mundo social diferente ao que habita nas escolas. 

Coa chegada das aprendizaxes baseadas en proxectos e outras alternativas novas, inténtase que os alumnos adquiran un equilibrio entre capacidades e habilidades que lles outorguen garantías para defenderse na vida. Esta irrupción repentina xa viña facéndose nalgúns colexios, como no Amarra Berri (o centro educativo máis grande de infantil e primaria do País Vasco), que leva desde os anos 70 con estas fórmulas, recollendo resultados moi alentadores. Outros centros educativos como O Pelouro, en Galicia, tamén é un bo exemplo. Pero máis aló dos colexios, hai moitos mestres que, a nivel individual, levan anos ateigando as súas clases de proxectos e desenvolvendo unha aprendizaxe diferente.

As ABP levan implícitas diferentes estratexias, como é o traballo cooperativo, onde o alumnado aprende a traballar en grupo, preparándose así, desde novo, para o mundo laboral. Outras características destacables son a investigación, o autocoñecemento, a concienciación, a responsabilidade e a autonomía á hora de facer, a saber facer. Non falta a parte espiritual, coa aparición do mindfulness, que volta á meditación ou, o que é o mesmo, ao método máis antigo para aprender a estar nun mesmo, potenciar a capacidade de concentración, adestrar a atención mental e o sistema emocional.

Será este o camiño definitivo que, paulatinamente, asente un modelo de aprendizaxe válido e real para a vida das persoas? Cando menos, algo está pasando por mor das ABP que xa non é un segredo a voces.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s