Homenaxe a Carballo


Rubén Aramburu

Gozaría de chegar aos 80 anos e danzar como danzou o profesor Estraviz o outro día na homenaxe a Paco Carballo, na Eira da Xoana. Hai catro anos, Carballo estivo presente nese lugar cheo de maxia e fermosura, aloumiñado polo Ulla, rendendo agarimo ás mulleres e homes crentes que fixeron vida por Galiza. Foi festa da Pascua de Carballo, nada de tristuras…, todo optimismo, como foi a súa vida. Escoitamos verbas obrigadas: Engracia Vidal, Manuel Peleteiro, Antón Gómez, Marisa Vidal, Mini e Mero, Garrido,  Estraviz, Pilar, Gumer, Rosa Cal… Eu que sei… Un mundo de xente! E ata un rato mexeriqueiro que quedou pasmado ao mirar aquela tribo.

Parabéns para toda a cuadrilla da Eira da Xoana polo labor desenvolvido durante estes anos, polo seu compromiso coas augas, cos carballos, coas rochas milenarias, co irmán lobo e outros bechos, coa memoria viva de tanta xente imprescindible.

Hai un ano que partiu Paco Carballo terra para dentro, bendicindo coa súa mirada a paisaxe da patria tan querida, e aló, naquela carballeira sacra, demos grazas a Deus pola súa vida e compaña a todos nós, que medramos nutridos do seu ser materno e tenro.

Cando finou Carballo, a única propiedade que tiña era un ordenador portátil, agasallo dos amigos por cumprir 80 anos. Caedes na conta? Quen nada ten é quen dá todo. Así é Paco Carballo, dador e creador de vidas.

Acompañado do murmurio do Ulla, recei con Casaldáliga, sabendo comigo a Carballo, que foi a patria feita corazón!

Non ter nada.

Non levar nada.

Non poder nada.

Non pedir nada.

E, de pasada,

non matar nada;

non calar nada.

Soamente o Evanxeo como una faca afiada.

E o pranto e o sorriso na ollada.

E a man estendida e apertada.

E a vida, a cabalo, dada.

E este sol e estes ríos e esta terra mercada,

para testemuñas da Revolución xa estalada.

E “mais nada”!

Ao final do camiño han dicirme:

Viviches? Amaches?

E eu, sen dicir nada,

abrirei o meu corazón cheo de nomes.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s