Sostibilidade


A.Q.

O fachineiro do diluvio

Hai uns días, na Asemblea da ONU, fixáronse uns obxectivos para os próximos quince anos (igualdade, respecto polo medio, consumo sostible e outros polo estilo). Nesta revista, con vocación de servizo público, tratouse en varias seccións o asunto do decrecemento, do consumo racional -a sobriedade da que fala o ex presidente uruguaio-, da redución de emisións contaminantes… E así ata non parar. Pero a carón disto vemos que o noso comisiario europeo, Arias Cañete, ten substanciosos intereses en compañías petroleiras, que se penaliza a instalación de enerxías renovables porque o mandan as compañías eléctricas (lembren a foto do presidente de Iberdrola abrazando cariñosamente a Feijoo cando gañou as primeiras eleccións), que a Volkswagen manipula os seus motores para que poidan contaminar sen que nos decatemos o que lle custou ao seu presidente ter que demitir por uns misérrimos 28,6 millóns de euros e pendente doutros complementos. Non pasa nada: non é unha empresa grega (alguén se acorda de que o Deutsche Bank manipulou o euríbor). E iso que falamos do mundo occidental. O homo sapiens vive contento co epifonema de Luís XV: après moi, le déluge (despois de min, [que veña] o diluvio).

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro, Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s