Construíndo a Igrexa nas periferias do mundo obreiro.


foto1_crónicaLuis Calvo

Crónica da XIII Asemblea da HOAC.

Segovia acolleu este mes de agosto ás máis de 950 persoas (entre militantes, simpatizantes, acompañantes e invitados/as) que participaron na Asemblea Xeral da Irmandade Obreira da Acción Católica (HOAC). Onda elas, militantes galegos das dioceses de Tui-Vigo e Mondoñedo-Ferrol, nunha xuntanza que os acollía baixo o lema: “Construíndo Igrexa nas periferias do Mundo Obreiro. Xustiza, traballo digno e solidariedade”.

A vila castelá era o punto de chegada dun duro proceso de traballo iniciado hai máis dun ano. Partindo dunha mirada crente da realidade e da revisión dos acordos da última asemblea (2009), esta xuntanza foi un espazo de diálogo e oración onde se decidiron os obxectivos e compromisos da HOAC para os próximos seis anos.

EN COMUÑÓN COAS PERSOAS TRABALLADORAS MÁIS PRECARIAS E EXCLUÍDAS DO MUNDO LABORAL.

Os homes e mulleres da HOAC reiteraron a súa vontade de seguir a ser Igrexa no mundo obreiro. E para facer real este compromiso, insistiron en avanzar para vivir en comuñón cos traballadores/as máis precarias e excluídas do mundo obreiro e do traballo. A historia desta organización demostra como coñecen e padecen cos sufrimentos das persoas máis vulnerables no mercado laboral. A asemblea reiterou a necesidade de se manter unida ás súas vidas e loitas (tamén coas organizacións obreiras e sociais), para construír conxuntamente unha nova sociedade na que o traballo sexa digno e onde poidamos vivir como unha verdadeira comunidade os valores da unidade e a solidariedade, e a persoa sexa o primeiro e máis importante.

Nos últimos anos, a militancia do HOAC viviu con verdadeira angustia o feito de ver como as inxustizas e as desigualdades foron incrementándose, sendo eles mesmos, en moitos casos, vítimas das súas consecuencias:

  • O sufrimento e a deshumanización.

  • A perda de dereitos sociais e laborais das persoas, das familias e dos pobos.

  • A precarización das condicións de traballo e de vida dos traballadores/as.

  • A marxinación de moitas vidas humanas e a negación da dignidade de moitas persoas dende a lóxica do capital que producen dor, e matan.

  • Os recortes de dereitos de expresión pública e reivindicacións das persoas e colectivos que máis están sufrindo esta situación.

CONfoto2_crónicaSTRUÍNDO UN PROXECTO DE HUMANIDADE

A Asemblea reafirmou a necesidade, “agora máis que nunca”, de se centrar nas periferias do mundo obreiro, ás que todas as persoas militantes se senten enviadas. Mais as novas realidades económicas e sociais supoñen un reto para a acción diaria da HOAC, na busca de dar hoxe resposta ao xeito de vida que nos propón Xesús, converténdonos a el, sendo Igrexa, Acción Católica encarnada no mundo obreiro e do traballo.

Concretáronse unha serie de propostas, que avanzando na comuñón de bens, vida e acción coas as persoas empobrecidas, visibilicen este proxecto de humanización e e transformación que reclama a HOAC:

Acompañar a vida das persoas concretas e colaborar con elas para que se dean as condicións e así poidamos vivir a nosa humanidade de xeito pleno.
• Colaborar a un cambio de mentalidade, ao sentido que se lle dá á vida persoal e social, ao ser humano e á súa actividade, traballo, política e entorno cultural.
• Colaborar ao cambio das institucións para que estean moito máis ao servizo das necesidades das persoas, en particular, das empobrecidas.
• Axudar a construír experiencias alternativas na forma de ser e traballar que expresen e constrúan a nova mentalidade que necesitamos.

RESOLUCIÓNS: A CONCRECIÓN DA COMUÑÓN EN ACCIÓNS CONCRETAS

Foi moito o traballo desenvolvido ao longo da Asemblea, tanto nos cinco talleres onde se presentaron experiencias concretas, nos cinco plenos parciais o no pleno xeral. Como resultado deste aprobáronse catro resolucións, que buscan guiar na práctica acción dunha HOAC que se compromete a reforzar, con novos folgos, o seu compromiso de levar a Boa Nova, a ledicia do Evanxeo, ao mundo obreiro. Resolucións de fondo calado, que buscan a voz dunha Igrexa comprometida coa dureza das situacións que se están a vivir e coas persoas que as están a sofrer. Así se reclama un cambio nas políticas europea, a necesidade da creación dunha renda mínima, a urxencia de combater as desigualdades entre os homes e as mulleres, ou a concreción na supresión dos Centros de Inmigrantes (CIES), na busca de respectar os dereitos das persoas migrantes.

Expresión da comuñón de bens, o recadado nas eucaristías da Asemblea foi destinado a catro proxectos laborais que potencian o emprego digno e a inclusión laboral: Prelar Textil, S.L.L, unha empresa de economía social (Huelva); á empresa de inserción FundaciónTots Units. Reciplana (Castellón); á Caja de Resistencia Subcontrata Trabajadores de Movistar; e a Contexto, como expresión de solidariedade cos traballadores e traballadoras de Bolivia.

Un acto público deu fin a esta XIII Asemblea. Ocupouse na súa totalidade a Plaza Mayor de Segovia, reclamando publicamente traballo digno e denunciando a precariedade laboral que está a sufrir a clase traballadora no noso país e que hoxe dificulta a vida persoal, familiar e social.

Enviados e enviadas pola Igrexa, ofrecemos as nosas vidas, o igual que fixeron os e as militantes que, entregaron a súa vida polo Reino, pola causa da xustiza e dos pobres. Á súa vez, comprometémonos a seguir construíndo esa “casa común”, coa ledicia que nos dá o saber que nesta misión sentímonos acompañados por Xesús Cristo, o obreiro de Nazaré, e chamados a seguir “Construíndo Igrexa nas periferias do mundo obreiro”.

Comisión Diocesana da HOAC de Vigo

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Crónica, Horizonte universal. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s