Moitas veces cremos que a nosa sociedade é moi acomodada e que non somos quen de deixar as nosas comodidades polos demais. A todos nos molesta moito ese coche lento que vai nunha estrada e non podemos adiantar. Queixámonos aínda que perdamos un minuto do noso tempo en ir detrás del.

Estes días de atrás os gandeiros tomaron cos tractores o centro urbano de Lugo e Santiago. Atravesar Santiago a certas horas era complicado (supoño que en Lugo pasou igual). Imaxinade o primeiro día de aulas con boa parte da circunvalación compostelá inutilizada. Todo parecería indicar que iamos estar protestando de xeito continuo. Que se repetiría a ladaíña de que eles teñen dereito a manifestarse, pero o seu dereito remata onde comeza o meu dereito bla, bla, bla…

Pero non, non foi así. A meirande parte dos cidadáns acolleron con paciencia e simpatía os gandeiros. As mostras de apoio popular foron evidentes e non coñeceron ideoloxías. Lin a alguén criticando nas redes sociais os gandeiros polas molestias. As respostas ían todas na outra dirección e, ao final, quen protestaba, recuaba.

Oxalá agora os cidadáns “urbanitas” que tan ben acollemos os gandeiros sexamos quen de ser consumidores solidarios e escoller o leite bo e que ten garantías, non só de calidade, senón de xustiza.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s