Operación Patos: sálvese quen poida.


Daniel López Muñoz

Tempo de bochorno. Se é que nos queda algo de bochorno no fondo do armario, nesa nosa esgotada reserva de indignación ética.

Do sumario dedúcese que o empresario favorecidocos cartos de todos nós, devolvía os favores en forma de citas con prostitutas nun afamado motel de Mos a altos cargos políticos con vocación de eternamente machos e con operacións de cirurxía estética a altas cargas políticas con vocación de eternamente irresistibles. Raza exemplar, xeración de gobernantes vocacionaisde probada fondura humana. Para correr e non parar. Quen puxo aí a semellante ramallete?

Que non nos disfracen o debate. Que non distraian a atención. É tempo de decidir se queremos unha maneira de facer as cousas ou outra. Se deixamos a esta raza de políticos que se relacionen alegre e libremente con esta raza de empresarios ou non. Pode haber medidas puntuais: limitación de tempo no goberno, declaración de bens, complicar aínda máis os procedementosPero a clave está nas medidas estruturais, duradeiras, sólidas.

Hai dúas. Unha para antes e outra, para despois. A primeira é fortalecer un corpo técnico, profesional de traballadores públicos, independente do poder político, capaz de dicirlle a ese político caprichoso o que se pode e non se pode, o que é legal e o que non, o que procedee non procede. Con capacidade de negarse, en nome da lei e do contribuínte. Cantos quedan por aí? Sabido é, desde hai ben tempo, que esa garantía, ese corpo independente de funcionarios, seleccionados en igualdade e transparencia, en función do seu mérito e capacidade está debilitado, desprestixiado, e coa súa independencia ferida por excesos da libre designacióne o intrusismo de gabinetes de imaxe e de directivos dóciles de Axencias e chiringos varios.

E a de despois” é unha reforma e dotación da Xustiza para que se remate dunha vez coa sensación de impunidade. Non poden estar estes procesos abertos eternamente, para rematar en nada, para que ninguén pague nin devolva nada, para que se inhabilite ao vello Baltar cando xa está xubilado e politicamente amortizado. Nunha das conversas telefónicas o empresario de marras fachendeaba diante dunha concelleira do PP de Ponteareas de que no concello de Santiago lle deran 800.000€ “pola cara. Así, en plena crise de recorte de prestacións sociais. O que se escoita polos teléfonos, o que aparece nos sumarios é groseiramente corruptoComo podería quedar impune?

 

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s