Contradictio in terminis


fachO fachineiro da xenofobia

A.Q.

A lexión de seguidores deste fachineiro xa saben do gusto do susodito por esa lingua de mármore que é o latín e xa non se asombran por títulos coma este. Aquí vén a conto da voda do ex alcalde de Vitoria, do PP, Javier Maroto. A meirande parte dos gais que coñezo son xente culta, solidaria, educada… O dos gais do PP é algo que me supera. O partido e o presidente que recorreu o matrimonio homosexual ante o Tribunal Constitucional, o dos que se pronunciaron en contra destas unións con símiles tan sutís coma o das peras e as mazás, agora non sabe que facer con esta cita. Nós contamos con exemplos de homosexuais do PP en alcaldías que foron os únicos en non poñer a bandeira no día do orgullo. Quen estea libre de contradicións que tire o primeiro argumento. Agora ben, o de Maroto é o contrario a calquera sentido común: évos o mesmo que dixo que os magrebís ían ao País Vasco a aproveitarse da renda de inclusión social, o mesmo que acaba de manifestar que os refuxiados sirios son terroristas que han poñer bombas entre nós. Nisto si cumpre co perfil do PP, da escola do Albiol. E por último, apartado para lingüistas. Maroto, en portugués -terceira acepción- significa “o que revela mau caracter ou atitudes condenáveis”. E ten como sinónimos canalha, patife, velhaco. E como adxectivo é o mesmo ca “indecente”, “malicioso”. E maroto, en galego, é o macho da gaivota. Aí o deixo.

 

A.Q.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s