A IGREXA GALEGA ANTE O ÉXODO SIRIO


Imaxe O noso taboleiro. P. 11COMUNICADO DA COORDINADORA DE CRENTES GALEGOS

Que cada parroquia, que cada comunidade relixiosa, cada mosteiro, cada santuario de Europa acolla unha familia”. O chamamento realizado polo papa Francisco o pasado domingo 6 de setembro durante o rezo do Angelus é un reto ao que a igrexa europea ten que dar resposta.

O que está a acontecer en Siria non pode ficar en meros pronunciamentos como “a peor crise humanitaria da nosa xeración”, senón que esixe, como ben indica Francisco, un “xesto concreto” por parte da nosa Igrexa, que contribúa a mellorar a situación dos máis de catro millóns de persoas que se viron obrigadas a abandonar Siria a causa da guerra civil na que o país está sumida.

Desde un primeiro momento comezaron a xurdir voces na Igrexa española na busca de actuar cumprindo esta petición do Papa. As entidades de acción social da Igrexa en España (Cáritas, Comisión Episcopal de Migracións, CONFER, o sector social da Compañía de Xesús e Xustiza e Paz) comprometéronse a unir os seus recursos e pólos a disposición das dioceses españolas para impulsar unha acollida xenerosa e coordinada dos refuxiados.

Entendemos que calquera posible resposta esixe de accións complexas, artelladas e perfectamente coordinadas. Cómprelle o papel central da coordinación ao goberno do Estado, que debería impulsar a acción de todas as administracións (Comunidades Autónomas e Concellos, especialmente), así como facilitar a colaboración de todas as organizacións e entidades do eido social interesadas. Mais consideramos que a Igrexa galega, a través das súas dioceses, terían que dar un paso adiante para impulsar na medida do posible, unha acollida humana ás persoas refuxiadas sirias, promovendo xestos concretos que faciliten a acollida destas persoas migrantes. Neste sentido, entendemos que:

  1. As dioceses galegas deberían pór a disposición da acollida todas as propiedades que tiveren ao seu dispor, para acolleren, cando menos, o número mínimo dunha familia por cada parroquia.

  2. As dioceses galegas deberían convocar e coordinar a todas as comunidades relixiosas do seu territorio, para avaliar os recursos dispoñibles por estas e polos a disposición da acollida das familias refuxiadas.

  3. As dioceses galegas, a través da Conferencia Episcopal, deberían ser un interlocutor ante o goberno central para lle mostrar que esta traxedia que está a vivir a poboación siria non é unha simple crise de refuxiados, senón que responde ao fracaso absoluto das políticas europeas de migración e cooperación. A Igrexa debe, na busca da xustiza, reclamar ante o goberno un cambio radical na política a respecto da emigración, que busque, como mínimo, o respecto dos máis elementais dereitos humanos.

  4. As dioceses deberían promover en todas as parroquias galegas que se faga realidade este xesto concreto que reclama o Papa. Deberían mobilizar a todas as comunidades parroquiais para que reflexionen sobre esta situación. Poderían promover, a través dunha carta pastoral que se lese en todas as celebracións dominicais de cada parroquia, as accións concretas que se poden desenvolver en cada unha delas para dar resposta á situación que estamos a vivir.

Unímonos ao chamamento do Papa Francisco, e entendemos que o conxunto da Igrexa galega pode aínda dar moitos máis pasos para responder á demanda evanxélica que nos propuxo no Angelus. Como fan as entidades de acción social da Igrexa en España, urxe lembrar a inspiración evanxélica do noso compromiso, que ante a pregunta: «Señor, e cando te vimos forasteiro e te acudimos?», Deus respóndenos: «Asegúrovos que canto fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos fixéstelo comigo» (Mt 25,38.41).

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Noso taboleiro coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s