O FACHINEIRO DA BOA NOVA DIXITAL


J.A. Martínez

Entre o monte de libros e novas edicións que se publican cada día, chéganos a nova da publicación da primeira edición dixital do Novo Testamento en galego. A respecto da última edición en papel da Biblia, publicada no 2001, conta coa novidade de presentar os textos bíblicos adaptados ás Normas ortográficas do 2003. Porque desde hai 14 anos non contamos cun ningunha nova publicación dos textos bíblicos na nosa lingua. Tal como indican no prólogo, “xorde da longa espera de que algunha editorial ou as propias dioceses galegas tomaren a iniciativa de promover unha primeira edición dixital da Biblia”. Posiblemente que a editorial non atopase viabilidade económica no mercado nin para as dioceses interese por promover edicións dos textos bíblicos na nosa lingua.

O que é máis salientable é que allea ás regras de mercado, xorda esta edición froito dun traballo plural, desinteresado e sen ningún ánimo de lucro. A necesidade existe: unha igrexa viva ten que poder gozar da Biblia na súa lingua. Grazas a iniciativas como estas xorden estes froitos. Que medren!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s