Vacas, cabaceiros, cerquiños, verbas


Daniel López Muñoz

O sector lácteo estoupa de indignación. Anos de suposto desenvolvemento agrario deron como resultado unha gran dependencia e unha gran vulnerabilidade. A xente está entrampada nun modelo de produción intensivo, con moita vaca selecta, moito investimento tecnolóxico e un futuro pouco sustentable. Fixemos das casas labregas fábricas de leite por xunto, con pouca unión e cun gran desprezo da mellor tradición.

Alguén terá que responder. Alguén? Hai alguén por aí? Unha vez acabado o modelo de cotas de produción, unha vez liberalizado -máxico remedio dos inventores de todas as desfeitas- o mercado lácteo, saltan as alarmas todas. Optouse por un modelo de moita vaca estabulada, con pouco pasto, compartindo pouca maquinaria, dependente de concentrados, dependente, en fin, dos prezos e condicións que fixan os de sempre.

Desprezouse o equilibrio sabio da agricultura tradicional, forraxeira, con aproveitamentos complementarios do monte común. Desprezouse a dimensión, a sustentabilidade, o sentidiño.

Non tiña que ser así. Non foi un designio de Zeus, nin moito menos de Breogán. Noutros países “modelo” traballouse noutra dirección. Optouse e fomentouse outra cousa, outros criterios. En Francia negócianse os prezos porque hai capacidade de negociación e mesas que negocian. Pero, sobre todo, o normal en grandes zonas leiteiras é unha vaca por hectárea. E nesa hectárea prodúcese forraxe. E as vacas pastan. E organízanse para producir pensos na localidade. E a cama quente -o vello estrume- faise alí con palla seca desa hectárea.

Pero aquí o que temos agora son explotacións febles, feridas de dependencias externas. Explotacións con menos de un terzo de hectárea por vaca, que apenas cultivan algo de millo, que teñen que mercar fóra todo o penso, sobretecnificadas e inzadas de maquinaria. Cun débil cooperativismo e pouca capacidade negociadora.

Non tiña que ser así. Quen é responsable? Quen deseñou este modelo? Non foron os mesmos que liquidaron o servizo de extensión agraria no momento no que era máis necesario, por pura miopía desarrollista?

E na raíz do fracaso, o complexo dos gobernantes (e gobernados). O mesmo que incapacita para aprender da sabedoría tradicional. O mesmo que arrasa os útiles e fermosos cabaceiros, o que cambiou cerquiños por eucaliptos e aniquilou tantas verbas milenarias.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno, Uncategorized coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s