V ASEMBLEA DE REDES CRISTIÁS – XUNT@S PARA CAMBIAR


Os días 10 e 11 de outubro vai ter lugar en Madrid a V Asemblea Xeral de Redes Cristiás. Esta xuntanza, que como recordaredes no 2013 celebrouse en Compostela, ten lugar cada dous anos e serve como lugar de encontro, reflexión, programación, celebración… das persoas e colectivos que formamos parte de Redes.

Nesta ocasión, por coincidir co 50 aniversario da clausura do Vaticano II, pretendemos recuperar especialmente dúas apostas do Concilio que nos parecen moi importantes:

  • A apertura aos grandes problemas que afectan hoxe en día a terra e a sociedade na que vivimos.

  • E a necesidade de establecer unha base social suficientemente ampla entre colectivos sensibles aos ditos problemas e dispostos a asociarse dalgún xeito para facer fronte a tales desafíos.

A preparación da asemblea comezou cun traballo previo entre os diferentes colectivos, no que tratamos de identificar cales son aqueles grandes problemas que seguen afectando a humanidade hoxe en día. Concretámolos en dez retos, que se están a traballar de cara aos obradoiros que se desenvolverán na asemblea.

En particular, á Coordinadora de Crentes Galeg@s encargáronnos a coordinación do obradoiro nº 9, que leva por título Alcanzar unha democracia participativa e unha nova forma de facer política. As conclusións ás que cheguemos levaranse ao encontro internacional que vai ter lugar no mes de novembro en Roma, con motivo do aniversario da clausura do Concilio.

Nesta mesma liña invitouse a participar na asemblea a outros colectivos que, aínda sen formaren parte de Redes pola distancia ou os ámbitos de actuación, colaboran connosco en diferentes iniciativas. Porque, ademais do tempo de traballo, nestas xuntanzas sempre hai espazos para fomentar o encontro, a convivencia, o coñecemento e a relación entre as persoas que compartimos as mesmas inquedanzas.

Para inscribirvos ou obter máis información sobre a Asemblea, podedes consultar a páxina web: www.asamblearedescristianas.net

Se tendes calquera dúbida, podedes poñervos en contacto connosco no enderezo josechobarca en gmail.com ou no teléfono 658619858.

Animádevos a participar!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Noso taboleiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s