Só a poesía pode disciplinar a política


Pedro Pedrouzo Devesa

O verán é unha fantástica época para volver pensar. Cambiar o verbo facer polo de matinar, deixar as actividades e dedicarse as pasividades.

E entre as miñas pasividades políticas favoritas está a lectura, que de seu pide exclusividade. Non deixa que compartas a túa atención con ningunha outra desocupación. E lendo política non é moi difícil caer na poesía, porque a función pública na que se funda a política só será se é creativa. E esa chave só a ten a auténtica poesía.

E como a lectura tamén é instintiva, este agosto deixeime seducir por Neorrabioso, un poeta político, e por Jon Gnarr, un cómico político. Para alguén coma min, para quen a burocracia pública non só é unha profesión, senón unha auténtica vocación, non é tan estraño como poida parecer. Necesito referentes do mundo exterior, marcianos que me acheguen humor e sensacións do extrarradio.

Por iso gocei cun libro que temía fose escrito con demasiado cinismo e que porén resultou ser feito por un auténtico moralista e humorista da política, Jon Gnarr, que foi alcalde de Reikiavik durante catro anos, e de quen a editorial Capitán Swing vén de publicar o estupendo libro De como me convertín en alcalde e mudei o mundo. Nel reflexiona sobre a experiencia de airear a oxidada práctica política, que desprezamos durante os anos da enchenta financeira.

Se queremos ter éxito coa nosa democracia, debemos comezar por nós mesmos, pola nosa contorna máis inmediata… A política do futuro é a política local”. A Gnarr non lle falta razón, e as enormes posibilidades que se nos abren de construír cidades máis humanas e participativas crean certo desánimo ante a escaseza de iniciativa política dos nosos gobernantes, cunhas prácticas políticas diarias que prefiren agachar no fondo das navetas administrativas. A transparencia brilla pola súa ausencia.

De aí que un especimen (Neorrabioso) que pinta nas paredes “A poesía volveu e eu non teño a culpa” esperte tamén a miña atención. Porque proclamas tan condensadas como “Inmigrazas”, “Roubáronme a miña carteira baleira” ou “O home non concluíu” obrígante a reflexionar sobre ti mesmo como individuo, pero tamén como paisano social que se enfronta intrigado aos vindeiros e apaixoantes anos de democracia política prometida. Nalgúns concellos aprenderemos a distinguir entre populismo e democracia, e iso tamén é necesario. Desexo que prosperen as alternativas políticas saudables. A distancia que nos separa da civilización segue sendo maior do que pensamos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: